The Shannara Chronicles ou As crónicas de Shannara é unha serie de ciencia ficción e fantasía estadounidense que foi estreada o 5 de xaneiro de 2016 na cadea MTV. A serie está baseada na serie de libros co mesmo nome "Shannara" de Terry Brooks.‘The Shannara Chronicles’ First Look; January Premiere Set – Comic Con

A serie está desenvolvida por Alfred Gough e Miles Millar, e segue as aventuras, guerras e o mal que ocorre ao largo da historia das Catro Terras.

Historia Unha árbore élfica coñecida como "Ellcrys" está morrendo; a mala nova é que a árbore é a única peza de maxia que protexe as Catro Terras ("Four Lands" no inglés orixinal) dos demos, que foron encerrados milenios atrás. A princesa Amberle Elessedil é unha das Elixidas encargadas de coidar a Ellcrys, e é a única que pode salvar a árbore, pero para iso ten que desbloquear a maxia que os elfos non utilizaron en milleiros de anos. Coa axuda de Wil Ohmsford, semielfo e descendente da liñaxe Shannara, e Allanon, o último dos druídas, viaxarán para intentar encontrar a maxia perdida e restaurar a Ellcrys. Porén, a tarefa non vai ser doada, xa que os demos e o seu líder, Dagda Mor, antigo druída élfico corrompido pola maxia escura, farán todo o posible para evitalo e poder volver a ser libres para arrasar o mundo.

Personaxes Principais Actor Personaxe Ocupación Nº de episodios Tempadas Poppy Drayton Amberle Elessedil - 10 2016 - presenteDrayton To Star In MTV ‘Shannara’ Aaron Jakubenko Ander Elessedil - 10 2016 - presente John Rhys-Davies Eventine Elessedil - 10 2016 - presente Daniel MacPherson Arion Elessedil - 8 2016 - presente Austin Butler Wil Ohmsford - 10 2016 - presente Manu Bennett Allanon - 10 2016 - presente Ivana Baquero Eretria - 10 2016 - presenteIvana Baquero Joins MTV’s ‘Shannara’ Marcus Vanco Bandon - 10 2016 - presente Brooke Williams Catania - 10 2016 - presenteBrooke Williams, Daniel MacPherson & Marcus Vanco Join ‘The Shannara Chronicles’ Emilia Burns Comandante Tilton - 10 2016 - presente

Recorrentes Actor Personaxe Ocupación Nº de episodios Tempadas James Trevena-Brown Crispin Edensong - 3 2016 - presente

Episodios A primeira tempada está conformada por 10 episodios.

Produción Sonar Entertainment adquiriu os dereitos de televisión para o universo de "Shannara" no 2012. En decembro do 2013 anunciouse que unha serie baseada no segundo libro publicado titulada The Elfstones of Shannara, estaba sendo producida por MTV.

A rodaxe dos 10 episodios da primeira tempada da serie comezou en Nova Zelandia en xuño de 2015 e o primeiro trailer debutou o 10 de xullo de 2015. A serie é desenvolvida por Alfred Gough e Miles Millar, e está baseada na serie de novelas "Shannara".

A serie conta coa participación dos directores Brad Turner, Jonathan Liebesman, James Marshall e Jesse Warn.MTV Moving Forward On ‘Shannara’ Series With Jonathan Liebesman

Tamén conta co apoio dos escritores Terry Brooks, Alfred Gough, Miles Millar, Evan Endicott, Josh Stoddard e April Blair.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Shannara Chronicles Official Website (en inglés)

Deadline - TV Series News - The Shannara Chronicles

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de ficción científica