As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Data de celebración A data de celebración foi o 25 de setembro, polo que coincidiu coa data das eleccións vascas, feito criticado por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG por considerar que Galicia debe ter unha vida política propia e non servir como moeda de intercambio para os pactos no Congreso dos Deputados.

Antecedentes Durante os catro anos da lexislatura, Alberto Núñez Feijóo gozou dunha maioría absoluta que non se viu ameazada de xeito especial. En diversas ocasións Núñez Feijóo manifestara que dous mandatos eran abondo, o que fixo espertar dúbidas sobre se pretendía presentarse de novo como candidato polo PPdeG.

Pola contra, na oposición todos os partidos viviron cambios importantes. O PSdeG sufriu a dimisión de Pachi Vázquez e a súa substitución nos cargos do partido por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non formalizou a súa candidatura a presidente da Xunta. A terceira forza no Parlamento, AGE, sufriu por unha banda a súa descomposición, con tres deputadas desertando ao Grupo Mixto, unha delas de Esquerda Unida e as outras dúas de Cerna, mentres que o éxito electoral da coalición En Marea nas eleccións ao Congreso e ao Senado, así como as alcaldías de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol en mans de candidaturas municipais vinculadas a En Marea actuaban como estímulo positivo e confrontaban a coalición AGE a un acordo maior, con estas candidaturas municipais, mais tamén con Podemos.

O BNG mudou dúas veces de voceiro, primeiro ao substituír a Francisco Jorquera por Xavier Vence, e posteriormente, ao dimitir Vence logo dos resultados das Eleccións ao Congreso, onde o BNG perdera os seus dous deputados. Ademais, os bos resultados de Cidadáns neses comicios xerais abría as posibilidades para que a formación laranxa conseguise escano no Hórreo e Cristina Losada acadou os avais necesarios como candidata. En primarias escolleu Compromiso por Galicia a Xoán Bascuas.

Expectativas e obxectivos Para o PPdeG o principal obxectivo era acadar a terceira maioría absoluta consecutiva ou, no seu defecto, algunha fórmula que permitise a Alberto Núñez Feijóo gobernar de novo. Para o PSdeG o obxectivo era que os resultados evitasen ese goberno do PPdeG, liderando unha maioría alternativa. En Marea compartía este obxectivo de desbancar o presidente Feijóo e tamén esperaba liderar a alternativa ao colocarse por diante do PSdeG. O BNG pelexaba nestes comicios por reverter a tendencia baixista das últimas convocatorias en Galicia e manter o grupo parlamentario no Parlamento de Galicia.

O partido de C's, pola súa banda, aspiraba a ocupar varios escanos. Tamén coa expectativa de acadar representación encontrábanse Democracia Ourensana (partido ourensán ligado a Gonzalo P. Jácome), Compromiso por Galicia, o partido animalista Pacma e outras formacións.

Candidatos a presidir a Xunta O BNG presentou como cabeza de lista a Ana Belén Pontón Mondelo.

En C's escolleron a Cristina Losada Fernández como candidata a presidir a Xunta.

Por Compromiso por Galicia repite candidatura á Xunta Xoán Carlos Bascuas Jardón.

O partido instrumental de En Marea (formado por Anova-IN, Esquerda Unida, as Mareas Municipalistas e Podemos) tivo como candidato a Luís Villares Naveira.

O PSdeG-PSOE estivo liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga.

O PPdeG presentou a Alberto Núñez Feijóo á súa terceira reelección.

Lemas de campaña PPdG: "En Galicia si". En Marea: "Un país xusto". PSdeG: "Unha resposta nova". BNG: "Un tempo novo". Cidadáns: "No nos conformemos, Galicia merécese máis". CxG: "Galicia é o que importa". PACMA: "A súa voz, o teu voto".

Candidaturas por provincia Véxase: Papeletas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.

Sondaxes Escanos por provincias Os escanos colócanse segundo a posición no mapa. Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros16 set. 2016NC Report 40-4115-16(En Marea)2170 -16 set. 2016Sondaxe (8) 3813(En Marea)3201 -15 set. 2016Infortécnica 42-4813-16(En Marea)2-412-150-1 -15 set. 2016Sondaxe (7) 3815(En Marea)4190 -14 set. 2016Sondaxe (6) 3715(En Marea)4190 -13 set. 2016Sondaxe (5) 3715(En Marea)1202 -12 set. 2016Sondaxe (4) 3715(En Marea)2201 -11 set. 2016Sondaxe (3) 3814(En Marea)2201 -10 set. 2016Sondaxe (2) 3815(En Marea)2191 -9 set. 2016Sondaxe 3815(En Marea)2191 -9 set. 2016Einvenia 38-3915-16(En Marea)216-171-2 -9 set. 2016Celeste-Tel 38-4015-16(En Marea)217-181 -9 set. 2016Sigma Dos 38-4113-14(En Marea)4-616-170 -8 set. 2016Infortécnica 40-4515-17(En Marea)3-512-140-1 -2 set. 2016CIS 40-4116(En Marea)215-170-1 -24 ago. 2016Sondaxe Infortécnica 38-4117-19(En Marea)5-611-120-2 -20 ago. 2016Sondaxe NC Report 3917(En Marea)2152 -7 ago. 2016Isondaxe 3715(En Marea)518 - -6 abr. 2016GAD3 36-3815-17(En Marea)4-514-162-3 - 16 xan. 2016 Redondo y Asociados 32 17 (En Marea) 0 20 6 - 2016 21 out. 2012 Elección anterior 41 18 9 7 Non existía Non existía -

Porcentaxe de votos Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros/ Branco16 set. 2016NC Report 44,7%18,8%(En Marea)5,4%22%Icluído en 'Outros|9,1% |- |16. set 2016 |Sondaxe (8) | style="background:#C9EDFE" |42,2% |18% |(En Marea) |5,4% |26,2% |4,4% |3,8% |- |15 set. 2016 |Sondaxe (7) | style="background:#C9EDFE" |42,7% |19,2% |(En Marea) |5,7% |24,7% |4% |3,7% |- |14 set. 2016 |Sondaxe (6) | style="background:#C9EDFE" |41,8% |17,7% |(En Marea) |6,3% |25,8% |4,3% |4,1% |- |13 set. 2016 |Sondaxe (5) | style="background:#C9EDFE" |42,6% |18% |(En Marea) |4,7% |25,9% |4,9% |3,9% |- |12 set. 2016 |Sondaxe (4) | style="background:#C9EDFE" |42,9% |18,7% |(En Marea) |4,5% |25,9% |4,5% |3,5% |- |11 set. 2016 | colspan="8" |Debate Electoral na TVG|- |11 set. 2016 |Sondaxe (3) | style="background:#C9EDFE" |44,1% |18% |(En Marea) |4,8% |25,1% |4,3% |3,7% |- |10 set. 2016 |Sondaxe (2) | style="background:#C9EDFE" |44,1% |19,5% |(En Marea) |5,2% |24% |3,9% |3,3% |- |9 set. 2016 |Sondaxe | style="background:#C9EDFE" |44,3% |18,3% |(En Marea) |5,7% |25,4% |3,1% |3,2% |- |9 set. 2016 |Celeste-Tel | style="background:#C9EDFE" |45,4% |18,5% |(En Marea) |5,2% |21,6% |3,7% |5,6% |- |9 set. 2016 |Sigma Dos | style="background:#C9EDFE" |45,7% |17,3% |(En Marea) |7,1% |21,7% |3,9% |4,3% |- |8 set. 2016 |Infortécnica | style="background:#C9EDFE" |55,9%'21,3%(En Marea)5,4%15,5%1,9% -2 set. 2016CIS44,9%19,9%(En Marea)5,3%19,9%4,6% -20 ago. 2016Sondaxe NC Report 44,6%19,1%(En Marea)5,3%18,8%5,2% -6 abr. 2016GAD3 44,1%19,7%(En Marea)6,7%17,9%5,1%6,5% 16 xan. 2016 Redondo y Asociados 37% 21% (En Marea) - 25% 9% - 2016 21 out. 2012 Elección anterior45,8%20,6%13,9%10,1% Non existía Non existía9,6%

Resultados Número de votos que obtiveron as principais candidaturas, co 100,00% escrutado: ← Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/- Presidente: Alberto Núñez Feijóo Goberno: Partido Popular de GaliciaPP Alberto Núñez Feijóo682.15047,56% +1,76% 41 =En Marea Luís Villares273.52319,07% 14 +14PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga256.38117,87% -2,74% 14 -4BNG Ana Pontón119.4468,33% -1,78% 6 -1Cidadáns Cristina Losada48.5533,38% PACMA 15.1351,06% +0,50%DO Miguel Caride7.723 0,54% +0,25%CxG Xoán Bascuas4.1090,29% -0,72%Partido Anticorrupción y Justicia 2.5350,18%Gañemos2.3440,16%Recortes Cero-Grupo Verde Pastora Fernández2.276 0,16%Cidadáns-Centrum1.534 0,11%PCPE1.263 0,09% -0,03%Escanos en Branco1.111 0,08%-1,11%Acción Democrática Ciudadanos de Galicia6510,05% +0,02%Converxencia 21 Garcilaso de la Vega López493 0,03% -0,04%Alternativa Independiente de Galicia3670,03%Unidos por el Futuro! 296 0,02%Vía Nova Galicia 281 0,02%Partido Libertario 210 0,01%

Escanos por provincias En letra grosa, o candidato do partido á presidencia da Xunta de Galicia: Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/- A Coruña PP Diego Calvo Pouso278.29547,81% +2,42% 13 =En Marea Antón Sánchez García112.89319,39% 5 +5 PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga99.934 17,17% -1,61% 5 = BNG Ana Pontón51.2468,80% -0,81% 2 =

Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/- Lugo PP Francisco José Conde López97.32352,81% +1,33% 8 -1 PSdeG-PSOE Luis Manuel Álvarez35.09919,05% -3,76% 3 -1 En Marea Luís Villares28.28515,35% 2 +2 BNG Olalla Rodil13.5797,37% -1,34% 1 =

Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/- Ourense PP María Sol Díaz Mouteira93.48753,13% +3,96% 9 +1 PSdeG-PSOE Noela Blanco Rodríguez31.00617,62% -6,05% 2 -2 En Marea Mª de los Ángeles Cuña Bóveda24.22213,77% 2 +2 BNG Noa Presas10.5586,00% -2,46% 1 =

Provincia Partido Cabeza de lista Votos% +/- Escanos +/- Pontevedra PP Alberto Núñez Feijóo213.04543,29% +0,48% 11 = En Marea Carmen Santos Queiruga108.12321,97% 5 +5 PSdeG-PSOE Abel Losada Álvarez90.34218,36% -2,45% 4 -1 BNG Xosé Luis Bará Torres44.0638,95% -2,92% 2 -1

Parlamentarios electos

Pola provincia da Coruña Diego Calvo Pouso (PPdeG) Beatriz Mato Otero (PPdeG) María Ángeles Vázquez Mejuto (PPdeG) José Manuel Rey Varela (PPdeG) Pedro Puy Fraga (PPdeG) Miguel Ángel Tellado Filgueira (PPdeG) Paula Prado del Río (PPdeG) Rosa María Quintana Carballo (PPdeG) Ethel María Vázquez Mourelle (PPdeG) Álvaro Pérez López (PPdeG) Carlos Enrique López Crespo (PPdeG) Martín Fernández Prado (PPdeG) Aurelio Alfonso Núñez Centeno (PPdeG) Xoaquín María Fernández Leiceaga (PSdeG) Begoña Rodríguez Rumbo (PSdeG) Juan Manuel Díaz Villoslada (PSdeG) María Dolores Toja Suárez (PSdeG) José Manuel Pérez Seco (PSdeG) Antón Sánchez García (En Marea) Luca Chao Pérez (En Marea) José Manuel Lago Peñas (En Marea) Magdalena Barahona Martín (En Marea) Francisco Casal Vidal (En Marea) Ana Pontón Mondelo (BNG) Xosé Luis Rivas Cruz (BNG)

Pola provincia de Pontevedra Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) Alfonso Rueda Valenzuela (PPdeG) Teresa Egerique Mosquera (PPdeG) Jesús Vázquez Almuíña (PPdeG) Guadalupe Murillo Solís (PPdeG) Román Rodríguez González (PPdeG) Valeriano Martínez García (PPdeG) José Manuel Cores Tourís (PPdeG) Nava Castro Domínguez (PPdeG) Marta Rodríguez Arias (PPdeG) Ignacio López-Chaves Castro (PPdeG) Carmen Santos Queiruga (En Marea) Marcos Cal Ogando (En Marea) Eva Solla Fernández (En Marea) Juan José Merlo Lorenzo (En Marea) Paula Quinteiro Araújo (En Marea) Abel Losada Álvarez (PSdeG) Patricia Vilán Lorenzo (PSdeG) Julio Torrado Quintela (PSdeG) Luisa Pierres López (PSdeG) Xosé Luis Bará Torres (BNG) Montserrat Prado Cores (BNG)

Pola provincia de Lugo Francisco José Conde López (PPdeG) María Encarnación Amigo Díaz (PPdeG) Raquel Arias Rodríguez (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol (PPdeG) Sandra Vázquez Domínguez (PPdeG) Daniel Luis Varela Suanzes (PPdeG) María Susana López Abella (PPdeG) Jaime Castiñeira Broz (PPdeG) Luís Manuel Álvarez Martínez (PSdeG) Concepción Burgo López (PSdeG) José Antonio Quiroga Díaz (PSdeG) Luis Villares Naveira (En Marea) Paula Vázquez Verao (En Marea) Olalla Rodil Fernández (BNG)

Pola provincia de Ourense Marisol Díaz Mouteira (PPdeG) Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG) José González Vázquez (PPdeG) Antonio Rodríguez Miranda (PPdeG) Cristina Romero Fernández (PPdeG) Marta Nóvoa Iglesias (PPdeG) César Manuel Fernández Gil (PPdeG) Moisés Blanco Paradelo (PPdeG) Marta Rodríguez Vispo (PPdeG) Noela Blanco Rodríguez (PSdeG) Raúl Fernández Fernández (PSdeG) Ángeles Cuña Bóveda (En Marea) David Rodríguez Estévez (En Marea) Noa Presas Bergantiños (BNG)

Galería de imaxes

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia