San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 848 habitantes (238 homes e 246 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 445 habitantes.
Xentilicio O seu xentilicio é arcoso.
Historia En 991 foi doada polo rei Vermudo II á Igrexa compostelá. Nela existiu un mosteiro de cabaleiros templarios. En 1377 o bispo tudense Juan de Castro entregoulle á súa igrexa varias terras, algunhas situadas nesta parroquia, para que puidesen ter capeláns.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Breixo de Arcos data de 1762, pero sufriu diversas ampliacións posteriores. No lugar da Serra hai unha pequena ermida dedicada á Virxe das Angustias, construída en 1684 e ampliada séculos despois.
Arcos na cultura popular galega En Arcos sitúase a Pena dos Namorados, con abundantes lendas, e a Pedra do Capón ou Pena do Equilibrio. A Pena dos Namorados está formada por tres grandes pedras: unha a modo de base, unha segunda sobre esta, máis pequena, e unha terceira que asenta sobre as dúas anteriores. A tradición conta que se utilizou dentro de ritos fecundatorios, para asegurar a procreación de parellas que non tiñan fillos Tal como a cama de San Guillerme, en Fisterra ou o berce da Virxe, ó pé da ermida da Virxe da Lanzada..
Cóntase tamén que os señores do castelo de Sobroso (en San Martiño de Vilasobroso, Mondariz) mandaron botar desde o alto da Pena dos Namorados a un mozo, campesiño, que se namorara dunha filla daqueles. Cando quixeron obrigala a casar con outro mozo, noble, a moza prefiriu morrer antes que faltarlle á promesa de fidelidade que lle fixera.
E tamén corre a lenda que recolle os amores desgraciados entre Aldina, unha filla de Álvaro de Sarmiento, señor do castelo de Sobroso, e un campesiño, Tristán de Abarca. O señor de Sarmiento rexeitaba esas relacións e, enterado de que os mozos acodían a verse na Pena dos Namorados, mata a Tristán. Aldina espera inutilmente a chegada do seu mozo e ó terceiro día achégase un home a cabalo, que resulta ser Tristán que vén despedirse, mentres ó lonxe tocan a morto. Cando Aldina se decata de que Tristán está morto, péchase no castelo e morre ó cabo doutros tres días. Outra versión di que se pecha nun convento de Baiona e unha terceira asegura que foi o pai quen se meteu a frade no mosteiro de Santa María de Oia, arrepentido do que fixera.
A Pena dos Namorados ten tamén propiedades adiviñatorias. Se unha moza quer casar debe coller tres pedriñas e, posta de costas á Pena, lanzalas sobre os seus ombros cara a atrás. Se as tres pedras quedan sobre a superficie da Pena A superficie superior da pedra máis alta, claro., é seguro que o home da súa vida chegará ese mesmo ano. Se só quedan dúas pedras, o noivo aparecerá ós dous anos, e se só queda unha, casará, efectivamente, pero non se sabe cando. Pero se non consegue colocar ningunha pedra sobre a Pena, mellor que esqueza a idea de casar Un ritual semellante practícase na capela de Santo Alberte, en Ribeira, onde as mozas lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na ábsida..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arcos
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén Bibliografía VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. penas dos namorados.
Outros artigos Lugares de Ponteareas
Ligazóns externas Arcos na web do concello de Ponteareas
Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Breixo