Bella Union é un selo discográfico independente fundado por Simon Raymonde e Robin Guthrie de Cocteau Twins en 1997, dirixido na actualidade só por Raymonde.
Historia Despois de publicar gravacións a través do selo 4AD durante unha gran parte da súa carreira, Cocteau Twins decidiu crear a etiqueta Bella Union no ano 1997, a través da cal poder editar o seu propio traballo ademais doutras colaboracións. A banda separouse pouco tempo despois, pero o selo continuase adiante con Guthrie e Raymonde ao seu cargo. Unha das primeiras bandas en asinar con Bella Union foi o tró australiano Dirty Three, que continúa traballando coa discográfica. Outros dos seus primeiros artistas son Françoiz Breut e The Czars.
Dende o ano 2000, cando Guthrie mudouse a Francia para concentratrse na súa propia música e Raymonde tomou o control de Bella Union, o selo ten asinado con máis artistas, como Laura Veirs, Lift to Experience ou Explosions in the Sky.
2006 foi un ano memorable para a discográfica, xa que aos traballos de Midlake, The Dears, Howling Bells e Fionn Regan tiveron un éxito considerable.
En 2007 as celebracións polo seu 10º aniversario tiveron actuacións durante dúas noites no Royal Festival Hall, con convidados especiais como Paul Weller ou Tom Smith de Editors. Ese ano Fionn Regan foi nomeado ao Mercury Prize por Mellor álbum.
Nos dous anos seguintes, tras asinar Fleet Foxes co selo, o seu disco de estrea permaneceu nas listas durante 100 semanas consecutivas sendo o álbum independente con máis vendas no ano da súa publicación, e o selo conseguiría o seu primeiro disco de ouro tras alcanzar este traballo as 100.000 copias vendidas no Reino Unido.
Posteriormente Bella Union publicou música de Beach House, Department of Eagles, Lone Wolf, Our Broken Garden, Fleet Foxes, The Acorn, Abe Vigoda, J. Tillman, Peter Broderick, The Kissaway Trail, Pearly Gate Music, John Grant, Lawrence Arabia, The Low Anthem, Hannah Cohen, Laura Veirs and Mountain Man.
A discográfica gañou o premio ao Selo independente do ano nos Music Week Awards, votado polos retallistas independentes británicos, en 2010, 2012 e 2014.
Dende entón Bella Union asinou con artistas como Flaming Lips, PINS, MONEY, Marissa Nadler e Horse Thief.
As súas gravacións son distribuídas en todo o mundo pola distribuidora independente [PIAS].
Artistas
2:54 Aerial Abe Vigoda Al Brooker Alessi's Ark Andrew Bird Arc Iris Art of Fighting The Autumns Ballet School Baloji B.C. Camplight Beach House Bernard+Edith Bikini Atoll Bonnevill Cashier No.9 Celebration Chimes and Bells Clarence Clarity Concrete Knives The Czars The Dears Decoder Ring Department of Eagles Departure Lounge Devics Dirty Three Doomsquad Drab City Dustin O'Halloran Emmy the Great exmagician Explosions in the Sky Ezra Furman Faraway Places Father John Misty Fiona Brice Fionn Regan The Flaming Lips Fleet Foxes Françoiz Breut Garlic Gwei-Lo Hannah Cohen Holly Macve Horse Thief Howling Bells I Break Horses Inventions The Kissaway Trail Jack Dangers Jambinai Jetscreamer John Grant John Tavener Jonathan Wilson Josh Martinez Josh T. Pearson J. Tillman Karl Blau Kid Loco Landshapes Lanterns on the Lake Laura Groves Laura Veirs Lawrence Arabia Liela Moss Lift to Experience Lisa Dewey Lone Wolf Lost Horizons The Low Anthem Lost Horizons Lowly Mammút Mandarin Marissa Nadler Mazarin Mercury Rev Midlake Mountain Man M. Ward Mr Ben & the Bens Mt.Royal My Latest Novel My Sad Captains Nanaco Ohbijou Our Broken Garden Pavo Pavo Penelope Isles Peter Broderick Peter von Poehl Phil Selway PINS Piroshka Pom Poko Poor Moon Promise & The Monster Robert Gomez Rothko Roy Harper Russell Mills/Undark Simon Raymonde Sing-Sing Sleeping States Sneakster Snowbird Stephanie Dosen Sumie Susanne Sundfør The Soft Cavalry The Trouble With Templeton Van Dyke Parks The Venue Tim Burgess Tiny Ruins Treefight for Sunlight Veronica Falls Vetiver The Walkmen Wild Nothing Thousands Xiu Xiu Xylouris White Zun Zun Egui
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes do Reino Unido