Santa Mariña de Pías é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 462 habitantes (212 homes e 250 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Situación Pías está situada entre Ponteareas e Mondariz, a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.
Patrimonio Na parroquia localízase o castro de Troña.
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Pías é do século XVIII, considérase unha igrexa de estilo neoclásico, aínda que sufriu diversas reformas e engadidos posteriores. Ten un retablo de San Bieito, tallado en 1774, e un grupo escultórico de alabastro que representa a San Xoán Bautista bautizando a Cristo. É moi coñecida pola sona milagreira de San Bieito de Pías, na honra do que se que se celebran (dúas veces ao ano) as festas máis importantes.
Fronte a igrexa está a casa reitoral, construída en 1781, con corpo de torre e escudo.
Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra, con romaría.
Tradicións A tradición di que se a unha persoa lle aparece unha verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.
Pías na literatura popular Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías Refírese a Santa Mariña de Pías, unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979), 393..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pías
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas
Ligazóns externas Pías na web do concello de Ponteareas
Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña