San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.
Historia miniatura|275px|Outeiro da Mina por Enrique Campo. Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino"Pontevedra custodiará os dous miliarios de Salcedo" , artigo en Galicia Hoxe.
Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.
En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra"Morrer en Salcedo", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Pontevedra nos anos do medo, 10 de abril de 2008..
Patrimonio Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.
O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.
As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Salcedo
Parroquias de Pontevedra
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra
Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours