Canal 6 Navarra foi unha cadea de televisión privada de carácter autonómico que emitía na Comunidade Foral de Navarra, propiedade de Promecal e en funcionamento desde o ano 2002 ata o 14 de maio de 2012, cando deixou paso a un novo proxecto de televisión chamado Navarra Televisión que naceu da fusión de Canal 6 e Popular TV Navarra.
Antes da súa desaparición era posible sintonizar as súas emisións na práctica totalidade de Navarra a través do sinal dixital e tamén a través do operador ONO. Esta cadea contaba ademais cunha segunda canle, Canal 6 Dos, que xunto a el e as tamén defuntas sinais de Canal 4 Navarra emitía pola TDT no mesmo Multiplexor.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Navarra Televisión
Categoría:Cadeas de televisión de Navarra