O Manifesto para a supervivência da cultura galega, tamén coñecido como "Manifesto dos 13 de Roma" ou "Manifesto dos doce", é un texto en prol da integración lingüístico-cultural galego-portuguesa e da igualdade entre o galego e o castelán no uso público elaborado en 1974 polo chamado Grupo de Roma.miniatura|277x277px|José-Martinho Montero Santalha, impulsor do "Manifesto para a supervivência da cultura galega". Grupo de Roma O Grupo de Roma, tamén coñecido como grupo d'«Os Irmandiños» —nome adoptado por suxestión de Francisco Lorenzo Mariño, párroco de Aguiño—, foi unha asociación de seminaristas e sacerdotes galegos que coincidiron na cidade de Roma durante os anos posteriores ao Concilio Vaticano II. Alén de pola súa residencia, todos eles caracterizábanse por partillaren unha notábel preocupación pola cultura galega e, especialmente, pola súa lingua, naquela altura «oficialmente marxinada».VV.AA 2012, p. 111. Visto o campo ao cal pertencían os membros deste grupo, non é de estrañarmos o seu especial interese nos ámbitos litúrxico e bíblico; é por isto que, grazas en parte á presenza entre eles dunha persoa con probadas aptitudes para a música como é Joám Trilho, unha das grandes achegas desta colectividade foi a produción de cantos relixiosos en galego. Di José Martinho Montero-SantalhaVV.AA 2012, p. 112. que «varios deses cantos eran tradución ou adaptación de [cantos] espirituais dos negros americanos, que naquel momento obtiñan moito éxito en toda Europa».

O propio Montero-Santalha explica a respecto deste colectivo: «Os Irmandiños» era un grupo informal de traballo. Nin tivo nunca unha estrutura xurídica ou organizada (como estatutos ou regulamento ou nada similar), nin o número de membros foi fixo nin sequera determinado, mais cunha conformación aberta: traballaban os que querían facelo, cada un no que mellor sabía facer. E o grao de compromiso e de convicción tamén era variábel entre os diferentes membros do grupo.Unha vez que os seminaristas acababan os seus estudos en Roma, volvían para Galiza. Así, é comprensíbel que unicamente dúas das sete persoas que asinaran o contributo do grupo dos Irmandiños á colección de artigos de diversos autores coordinada por Xesús Alonso Montero baixo o título O porvir da lingua galega (1968)VV.AA. 1968, pp. 105-113. fixesen aínda parte do colectivo no momento de publicación deste "Manifesto para a supervivência da cultura galega" (1974): trátase dos xa amentados José-Martinho Montero Santalha —quen, segundo a Gran Enciclopedia Galega, xa chegara á capital italiana en 1965Otero Pedrayo 1974, p. 194.— e Joám Trilho. En palabras do primeiro:Fomos os que máis tempo permanecemos en Roma, e por iso tivemos máis oportunidades de servir de núcleo estábel do grupo.VV.AA 2012, p. 113.En concreto, o artigo d' O porvir da lingua galega, no cal Os Irmandiños estabelecían unha serie de pautas para a progresiva introdución do galego no ámbito da liturxia, estaba asinado polas seguintes personalidades: Xoán Trillo Pérez, Ramón Soneira Lema, Pedro Varela Gesto, Francisco Ramil Acebo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé Martiño Montero Santalla e Andrés Torres Queiruga.VV.AA. 1968, p. 163.

Seis anos despois, as trece persoas asinantes do "Manifesto..." serían Antonio Busto Salgado, Maca Cabaleiro, Xoán Curráis, Xosé Manuel García Álvarez, Xesús García Castro, Manuel García Otero, Xurxo Xoán Gómez Gude, Ricardo Martínez, Xosé Martiño Montero Santalla, Marcial Portela, Uxío Romero Pose, Xosé Antonio Salgado e Xoán Trillo.Montero Santalha 1974, p. 1. De todos eles, só Montero Santalha continúa vinculado á lingua a día de hoxe.

O "Manifesto" Asinado polos trece seminaristas arriba citados, o seu principal impulsor foi o profesor José-Martinho Montero Santalha. O texto fora inicialmente ideado para a súa publicación en GrialMontero Santalha 2009, p. 168., mais vería finalmente a luz no número 1574 da revista lisboeta Seara Nova (setembro de 1974, pp. 30–31) e no número 133 da madrileña Cuadernos para el diálogo (outubro de 1974, pp. 8–11).

Trátase dunha das últimas actividades colectivas do Grupo de Roma e é amplamente considerado como un traballo de grande importancia para entendermos a historia do reintegracionismo. En palabras do profesor Roberto Samartim:O Manifesto parte da consideración de Galiza como colectividade bilingüe [...] e pretende alcanzar o equilibrio no uso público do castelán e do galego-portugués; nel está xa expreso un proxecto cultural claramente reintegracionista con propostas concretas de presenza da lingua denominada galego-portuguesa en espazos considerados estratéxicos. N' O 25 de abril na Galiza dos anos setenta, o propio Samartim acrecenta:Este manifesto avoga por unha xestión do conflito lingüístico que asume o carácter bilingüe da sociedade galega como un elemento positivo, distinguíndose neste punto, por tanto, fundamentalmente do nacionalismo de esquerda, o cal entende a presenza do castelán en Galiza como un indicativo da colonización cultural do País que debe ser combatida.Samartim 2014, p. 21.

Preámbulo O manifesto comezaba cun preámbulo no cal se expuña a situación que estaba a vivir Galiza en tanto que podía ser considerada como un territorio «irreversibelmente bilingüe».Montero Santalha 1974, p. 2. Segundo Os Irmandiños, este bilingüismo podía chegar a se converter nun valor positivo; porén, viña sendo, ao mesmo tempo, «xerador de conflitos antropolóxicos a nivel persoal e comunitario» e podía mesmo «transformarse en xerador de conflitos sociais». Con obxecto de evitaren esta posibilidade, os elaboradores do documento propuñan como solución a implantación dun bilingüismo real en toda a comunidade, sendo este unicamente alcanzado unha vez que toda a poboación galega soubese «falar e escribir correctamente os dous idiomas».

Coa vista posta neste fin, propúñanse unha serie de medidas relacionadas, como ben se explicaba no preámbulo do documento, con diversos campos de índole pública:Na situación actual, a lingua galego-portuguesa está moi lonxe de gozar en Galiza de paridade de dereitos coa lingua castelá. Como factores determinantes deste desaxuste hai que considerar ante todo: os medios de comunicación de masas (radio, televisión, prensa), o ensino oficial, a administración, a Igrexa.

Os medios de comunicación de masas Polo que respecta á radio, o manifesto dispuña cinco apartados moi concretos que avogaban, basicamente, por un aumento dos tempos de emisión de programas radiofónicos galegos en lingua galego-portuguesa até cubrir (polo menos) o 50% do seu tempo global de programación; por unha especial atención aos elementos relacionados coa problemática vital e co plano artístico-cultural tanto da cultura galega —principalmente— como da luso-brasileira; e pola instalación de aparatos en Galiza que permitisen a audición das emisoras portuguesas.

No eido televisivo, a estratexia articulábase arredor de tres ideas básicas: primeiramente, a televisión española debería emitir para Galiza, desde o centro emisor de Santiago de Compostela e en horario non intempestivo, un mínimo de dúas horas diarias de programación en lingua galego-portuguesa por cada un dos seus programas; en segundo lugar, e coa posíbel excepción dos principais telexornais, a programación de todo o día debería realizarse enteiramente en galego-portugués unha vez por semana; por último, o estado español tería de instalar os aparatos necesarios a fin de que a televisión portuguesa puidese ser vista en territorio galego.Montero Santalha 1974, p. 3.

No relativo á prensa, o Grupo de Roma promovía que os xornais galegos aumentasen o número de publicacións (artigos, colaboracións e noticias) en lingua galego-portuguesa até que representasen, como mínimo, un 50% do total. Alén disto, os xornais de Galiza deberían prestar unha especial atención ás noticias dos países de fala portuguesa (sobre todo de Portugal) e dar cabida nas súas páxinas a colaboradores/as portugueses/as e brasileiros/as.

O ensino No campo do ensino, o texto estabelecía que se deberían articular as estratexias necesarias para permitir a correcta aprendizaxe das dúas linguas (galego-portugués e castelán) tanto nos centros públicos como nos privados. Con todo, defendíase que, nos primeiros anos do ensino, a lingua base tería de ser a lingua materna de cada neno. Nas universidades e centros de ensino superior, buscábase un avance cara a unha «dimensión bilingüe da formación do alumnado».Montero Santalha 1974, p. 4.

A administración No ámbito administrativo, defendíase que as linguas galego-portuguesa e castelá deberían ser linguas cooficiais. Alén disto, avogábase por que a primeira gozase dos mesmos dereitos que a segunda no caso dos organismos centrais con incumbencia en Galiza. Os documentos públicos, en tanto que debían reflectir a situación bilingüe da poboación, quer adoptarían un sistema de alternancia lingüística, quer serían publicados nos dous idiomas ao mesmo tempo. Nas súas relacións coa administración, a cidadanía debería ter a posibilidade de empregar calquera das dúas linguas.

A Igrexa No que atinxe ao ámbito eclesiástico, as celebracións e accións litúrxicas tamén deberían reflectir a realidade bilingüe da poboación galega mediante un sistema de alternancias lingüísticas (algunhas misas en galego-portugués e outras en español) ou mediante «un sistema de actos de estrutura bilingüe» (unha parte da misa en galego-portugués e a outra en castelán). Os bispos deberían publicar as cartas pastorais e os documentos oficiais da diocese en versión bilingüe simultánea. Por último, promovíase que a Igrexa galega actuase en coordinación coas Igrexas de lingua portuguesa de cara á elaboración das versións litúrxicas e bíblicas e á escolla dos cantos relixiosos de cada comunidade.

Recepción do "Manifesto"

Ramón Piñeiro miniatura|321x321px|Fragmento da carta de Ramón Piñeiro a Montero Santalha. Ramón Piñeiro, naquela altura cabeza visíbel do grupo Galaxia e director da revista Grial xunto con Francisco Fernández del Riego, foi a primeira persoa en recibir unha copia do manifesto. De feito, a pesar de que este nunca se chegaría a publicar na amentada revista, «o texto fora concibido [...] para Grial, escrito coa ortografía dominante para o galego na época».Torres Feijó 2007, p. 694.

En resposta por carta a Montero Santalha após recibir o texto, Piñeiro aseguraba que a súa publicación en Grial non sería posíbel por motivos de índole política —i.e.: «o franquismo en España e a recente Revolución dos caraveis de abril de 1974 en Portugal»Samartim 2005, p. 44.—, ao tempo que suxería o seu envío a Buenos Aires para que fose publicado «nun folleto»Montero Santalha 2009, p. 169. relacionado coa Editora Nós desa cidade. Afirma Montero Santalha que o máis probábel é que tal envío non chegase a ser nin tan sequera intentado.

Recóllese deseguido un extracto da carta que Ramón Piñeiro dirixiu a Montero Santalha o 5 de abril de 1974:Recibín as dúas copias do “Manifesto para a supervivencia da cultura galega”, que está moi ben pensado e moi ben escrito. E, sobre todo, presentado con tensa sinceridade xuvenil. Nós estudamos as posibilidades da súa publicación no GRIAL, mas, tal como está redactado, resúltanos imposible. Os criterios da vosa liberdade expresiva –aí en Roma– non coinciden cos criterios da censura que aquí decide.

Manuel Rodrigues Lapa