Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 603 habitantes (301 homes e 302 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vilaboa

Parroquias de Vilaboa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilaboa

Categoría:Lugares de Vilaboa Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos