Lonxe da Terriña é unha revista en lingua castelá editada en Santiago de Chile desde 1989 con periodicidade anual e prezo gratuíto. A súa directora é María Myriam López Marín. Recibe o seu nome dun poema homónimo de Aureliano J. Pereira. Esta composición expresa o sentimento de saudade da terra que experimenta a voz lírica ao atoparse fóra de Galiza, “a terriña”:
O xurdimento da revista na emigración A finais do século XIX e principios do XX, boa parte da poboación galega vese forzada a emigrar a América. Esta diáspora marcou a historia de países como a Arxentina, o Uruguai e o Brasil. Entre 1900 e 1955, un grupo numeroso de galegos chega a Santiago de Chile, fuxindo das penurias da guerra civil española (1936-1939) e atraídos polo favorábel nível de vida do país chileno. A presenza galega en América ten como consecuencia a creación de numerosas asociacións culturais, revistas e outras publicacións, que servisen de unión para a colectividade emigrante: a Academia Galega de Cuba, o Instituto Arxentino da Cultura Galega, a revista Vieiros (México, 1959).
En Chile creouse en 1967 a asociación Lar Gallego de Chile, cuxo primeiro presidente foi César Cifuentes Sánchez. En palabras do seu secretario actual, Francisco Bustos, "foi de vital importancia para xerar unha instancia de encontro, sempre tivo máis de 190 asociados” En 1989, a asociación publica por vez primeira a revista Lonxe da terriña, co obxectivo de achegar a realidade de Galiza á poboación emigrante.
Temas A revista Lonxe da terriña constitúe unha publicación polifacética, centrada na realidade galega, tanto na emigración como na propia Galiza. Así, algunhas das súas seccións recorrentes son:
Entrevistas a personalidades relevantes na historia da emigración chilena Relátanse as súas experiencias vitais no país foráneo.
Celebración de concursos literarios “V Concurso de Cuentos Cortos Rosalía de Castro”, convocado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2016. As obras presentadas poderán tratar temas sobre “valores humanos, persoais, da diáspora, historias de vida, da emigración ou relacionados a Chile, Galiza e/ou España ou Ibéricos” A obra premiada publicarase na edición do 2016 de Lonxe da terriña.
Apartados adicados ás Letras Galegas e á personalidade homenaxeada Na edición de 2015, con motivo da homenaxe a Filgueira Valverde, adicóuselle unha sección da revista en que se fai un repaso pola súa vida e a súa obra literaria. É interesante salientar que esta páxina foi escrita tanto en galego como en castelán. Turismo e celebracións propiamente galegas
En colaboración coa Xunta de Galicia, Lonxe da Terriña promove actividades culturais galegas, realizadas tanto en Chile (celebración do Día do Apóstol Santiago na Catedral Metropolitana da capital de Chile) como en Galiza (a asociación Lar Gallego asiste asiduamente á Catedral de Santiago con motivo do Día Nacional de Galicia, celebrado cada 25 de xullo).
Actividades folclóricas galegas realizadas en Chile e outros países do sur de América Lar Gallego participa en numerosos actos artísticos e interpretativos galegos, para continuar promovendo a cultura de Galiza na emigración. No Instituto Chileno Helénico de Cultura, a “Banda de Gaitas y Danzas gallegos” realiza numerosos espectáculos musicais para “expoñer a súa identidade ao resto das persoas” Actividades realizadas e promovidas pola Corporación Lar Gallego Lonxe da Terriña inclúe unha sección específica con artigos de carácter informativo sobre as actividades que promoveu a asociación ao longo do ano, tales como o “Primer Diálogo Participativo de Migrantes”, ou a “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2014" Gastronomía galega Nas páxinas finais da revista inclúese unha receita típica galega.
A Corporación Lar Gallego de Chile miniatura|Símbolo da Corporación Lar Gallego de Chile, coa cruz de Santiago. A Corporación Lar Gallego de Chile fundouse o 10 de novembro de 1967, adicándose “esencialmente a reunir emigrantes e fillos e netos de emigrantes galegos residentes en Chile para realizaren diversas actividades de índole social e cultural”. Esta corporación conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
Dirección e redacción da revista Primeira Directiva Lar Gallego de Chile Actual Directiva Lar Gallego de Chile Presidente: César Cifuentes Sánchez Presidenta: María Myriam López Marín Vicepresidente: Manuel González Fernández Vicepresidente: Manuel Cristian Iglesias Rufs Secretario: José Domínguez Diéguez Secretario: Francisco Bustos Palomino Tesoureiro: Silvio Brondi Olea Tesoureiro: José Arturo Vásquez Barja Prosecretario: Juan C. Vásquez Espinosa Prosecretario: Jorge Rivera Villaroel Directores: Camilo Villar Moreiro, Jose Bouzo Pavón, Manuel Martínez Domínguez, Francisco Castaño López e Domingo García Pérez Directores: María Isabel Dávila Losada, Natalia del Pilar Bustos López, Agenor Mauricio López Marín, Jorge Misa Lehyt e José Antonio Yánez Diéguez Asesor cultural: Edmundo Moure Rojas Asesora cultural: María Isabel Dávila Losada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Sixirei Paredes, Carlos: Asociacionismo galego no exterior. Xunta de Galicia: 2001, 451. Sixirei Paredes, Carlos: Galeguidade e cultura no exterior. Xunta de Galicia: 2005.
Outros artigos Aureliano Pereira Ligazóns externas Revista Lonxe da Terriña 2015. En liña en: http://emigracion.xunta.gal/es/comunidad-ga/revista/lonxe-terrina-no-25-agosto-2015
Páxina do Lar Gallego de Chile Páxina en Facebook do Lar Gallego de Chile
Categoría:Revistas de Chile
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Revistas en lingua castelá