Santo Estevo de Negros é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2009 tiña 533 habitantes, distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Xeografía Limita ao norte coa parroquia de Cedeira, ao sur con Cabeiro, ao leste con Saxamonde e ao oeste con Trasmañó. Está atravesada pola estrada N-555 (que vai de Redondela ao aeroporto de Peinador) e a vía férrea que une Redondela e Ourense.

Historia Esta parroquia tivo importancia a comezos do século XIX na guerra napoleónica, na que a partida do cura da parroquia, Ramón Lamas obtivo recoñecemento na reconquista de Vigo, no axexo do posto de garda francés da parroquia de Saxamonde, na Barreira, e posterior informe dos movementos ós oficiais militares.

Patrimonio No monte de Santo Estevo de Negros hai restos dun poboado castrexo, o Castro de Negros. Preto de alí está o complexo arqueolóxico de Monte Penide na lindeira con San Vicente de Trasmañó, Cedeira e Cabeiro, entre o que destaca a Mámoa do Rei. Asemade dos achados de olería do monte do Castro, ten ente outro patrimonio unha igrexa que ten sancristía e ábsida do XVI e a portada é de finais do XVIII. Ten muíños de auga en funcionamento, dous en Fixón, tamén en Fixón dúas pontes, unha xa citada no principio do século XIX.

Festas A festa patronal é o 26 de decembro. O primeiro domingo de outubro celébrase a festa da mazá.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Negros

Parroquias de Redondela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Redondela Ligazóns externas

Categoría:Parroquias de Redondela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo