Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.
Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.
En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Traxectoria miniatura|Monumento dedicado ao actor Luis Tosar polos veciños da súa parroquia natal de Xustás, Cospeito. Comeza no campo da curtametraxe. Aparece no videoclip da canción "Os Ghalisáns" do grupo Korosi Dansas, emitido no Xabarín Club"Os Ghalisáns", vídeo en YouTube.. Acadou sona tras a súa aparición na serie Mareas vivas, emitida na Televisión de Galicia entre 1999 e 2003, que deu fama aos seus protagonistas.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Elenco no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Cela 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie Miami Vice dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.
Alén da súa faceta no mundo do cine, Luís Tosar é membro do trío cómico "The Magical Brothers" (con César Goldi e Piti Sanz). É integrante do grupo musical Di Elas, que lidera xunto con Piti Sanz. O 29 de marzo de 2011 publicaron o seu primeiro disco de nome homónimo.
Política Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do petroleiro Prestige (13 de novembro de 2002), da que posteriormente se distanciaría directamente ó considerala politizada.«Luis Tosar: 'Cuando la política entra en los movimientos sociales, los desvirtúa'»
Foi militante do BNG, participando nas listas da coalición Galeusca-Pobos de Europa en representación do BNG nas eleccións europeas de 2004 e nas municipais de 2007 por Castro de Rei.«Luis Tosar se desmarca del BNG», Periodista Digital, 31 de xaneiro de 2011.
Filmografía Actor + Filmes Ano Título Papel Notas 1998 Atilano, presidente Cazorla 1999 Flores de otro mundo Damián 1999 Celos Luis 2000 El corazón del guerrero Detective 1 2000 Sei quen es Estévez 2000 Leo Paco 2000 La comunidad Gómez 2000 Besos para todos El Bombilla 2000 El váter susurra Teodoro 2001 Lena Xitano 2001 Visionarios Delegado do goberno 2001 Sin noticias de Dios Oficial de policía 2002 Semana Santa Antonio 2002 Os luns ó sol Jose 2002 Trece badaladas Mateo 2003 O lapis do carpinteiro Herbal 2003 O agasallo de Silvia Carlos 2003 Te doy mis ojos Antonio 2003 La flaqueza del bolchevique Pablo López 2004 A vida que che espera Rai 2004 ¡Hay motivo! Segmento Por tu bien 2004 Inconscientes Salvador 2004 O ano da carracha Cameo como el mesmo 2005 Galatasaray-Dépor Fan do Deportivo 2005 La noche del hermano Lorenzo 2005 Aupa Etxebeste! Ladrón 2005 El mundo alrededor Florindo 2006 Cargo Baptist 2006 O don da dúbida Baptist 2006 Miami Vice Arcangel de Jesús Montoya 2006 Las vidas de Celia Miguel Ángel 2007 Hotel Tívoli Suso 2007 Casual Day Cholo 2007 Normal con alas Padre Serafín Amigo 2008 A noite que deixou de chover Spleen 2009 The Limits of Control Home co violín 2009 Afranio Siñor Afranio 2009 Cela 211 Malamadre 2010 Mr. Nice Craig Lovato 2010 18 comidas Edu 2010 Lope Fray Bernardo 2010 También la lluvia Costa 2011 Crebinsky Comandante 2011 Mientras duermes Comandante 2012 O Apóstolo Xavier Voz 2012 Operación E José Crisanto 2012 Una pistola en cada mano L 2012 Que pena tu familia Manuel Añón 2012 100 % CEF Celso Emilio Ferreiro documental sobre o escritor 2013 Encallados Telefilme 2013 Una noche en el Viejo México Panamá 2014 Os fenómenos Lobo 2014 El Niño Jesús 2014 Musarañas Pai de Montse 2015A cambio de nada Pai de Darío 2015 Ma ma Arturo 2015O descoñecido Carlos 2016Cen anos de perdón Gallego 2016Toro López 2016Plan de fuga Posprodución 2016 1898: Los últimos de Filipinas2018YucatánLucas2018Ola de crímenesCosme2018A sombra da lei2019Quen a ferro mataMario2019Vantaxes de viaxar en trenMartín2019IntemperiePastor2020AdúGonzalo2020Ata o ceoRogelio2021Way DownSimón2021MaixabelIbón2022Código EmperadorJuan2022CanallasLuismi2022Nas marxesRafa2023O fantástico caso do GolemToni2023FatumSergio2023Todos os nomes de DeusSanti2023O correoFraancisco2024Tratamos demasiado ben ás mulleresAntonio2024La infiltradaÁngel2024Amencer en SamanáSanti2025A débedaJero2025GolpesSabino TBA Galaicus Décimo Xunio Bruto Galaico
+ Televisión Ano Título Papel Notas 1994 Xabarín Club 1997 Galicia terra única 1997 O tesouro Pedro de Levaste Acreditado como Luís L. Tosar 1997 La casa de los líos Operario 2 episodios 1999 El comisario Psicópata do desaparafusador 1 episodio: "El caso del destornillador" 1999 Mareas vivas Andrés Domínguez Personaxe regular: 49 episodios2014La ley del marJosé Durá “Pepe”Personaxe protagonista nos 3 episodios
+ Curtametraxes Ano Título Papel Notas 1994 Contos de Alentraia: Tornabón Simón 1994 As xoias da señora Bianconero Simón 1995 Mofa e Befa en Gran liquidación 1995 ¡Aproba! 1996 Mátame unos cuantos Pedro 1996 O matachín Fran 1996 Cabeza de boi 1996 Afonía 1997 El origen del problema Vendedor 1998 Una extraña mirada Simón 1998 Antonio, Jorge y Luís 1998 Que me queres, amor? 1999 Amor serrano Xefe 1999 El cumplido Daniel 1999 Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) Vendedor 2000 Alzheimer 2000 O río ten mans Enterrador 2000 Amores que matan Antonio 2001 Un asunto pendente Esteban 2001 Clases de ruso Pedro 2002 Ciclo Paisano 2003 El barbero ciego El que no tiene nombre 2003 Lentura Xenro / Arturo 2004 El último peldaño Fran/Rush Magical 2007 Taxi? 2010 En el insomnio Narrador 2013 Cólera Líder
Teatro A ópera dos tres reás (2011), de Bertolt Brecht e Kurt Weill, co Centro Dramático Galego.
Premios Premios Goya Ano Categoría Título Resultado1999Mellor actor revelaciónFlores de otro mundoNomeado2002Mellor interpretación masculina secundariaOs luns ó solGañador2003Mellor interpretación masculina protagonistaTe doy mis ojosGañador2009Mellor interpretación masculina protagonistaCela 211Gañador2010Mellor interpretación masculina protagonistaTambién la lluviaNomeado2011Mellor interpretación masculina protagonistaMientras duermesNomeado2015Mellor interpretación masculina protagonistaO descoñecidoNomeado
Unión de Actores Ano Categoría Título Resultado1999Mellor interpretación revelaciónFlores de otro mundoNomeado2002Mellor actor secundario de cineOs luns ó solGañador2003Mellor actor protagonista de cineTe doy mis ojosGañador2009Mellor actor protagonista de cineCela 211Gañador2012Mellor actor protagonista de cineOperación ENomeado
Fotogramas de Prata Ano Categoría Filme Resultado2003Mellor actor de cineTe doy mis ojosGañador2009Mellor actor de cineCela 211Gañador2011Mellor actor de cineMientras duermesNomeado
Festival Internacional de Cine de Donostia Ano Categoría Película Resultado2003Cuncha de Prata ó mellor actorTe doy mis ojosGañador
Festival Internacional de Cine de Mar del Plata Ano Categoría Película Resultado2004Mellor Actor (ex aequo)O lapis do carpinteiroGañador
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor actor protagonistaOs luns ó solGañador2003Mellor actor protagonistaO lapis do carpinteiro, Trece badaladas e O agasallo de SilviaGañador2004Mellor actor protagonistaA vida que che esperaNomeado2006Mellor actor protagonistaCargoGañador2008Mellor actor protagonistaA noite que deixou de choverNomeado2009Mellor actor protagonistaCela 211Gañador2010Mellor actor secundario18 comidasNomeadoPremio de Honra "Fernando Rey"Gañador2012Mellor actor protagonistaOperación EGañador2014Mellor actor protagonistaEl NiñoNomeado2015Mellor actor protagonistaO descoñecidoGañador2016Mellor actor protagonistaCen anos de perdónGañador2018Mellor actor protagonistaA sombra da leiGañador2020Mellor actor protagonistaQuen a ferro mataNomeado
Premios María Casares Ano Categoría Filme Resultado2006Mellor actor protagonistaHamletGañador
Festival Internacional de Cine de Miami Ano Categoría Película Resultado2004Mellor Actor IberoamericanoLa flaqueza del bolcheviqueGañador
Festival Internacional de Cine de Seattle Ano Categoría Película Resultado2010Mellor Actor ProtagonistaCela 211Gañador
Premio Xarmenta Ano Categoría2005Defensa da lingua galega no Bierzo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Luís Tosar en AVG
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de Cospeito Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Premios María Casares Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista Categoría:Premio de Honra Fernando Rey