Isidoro Asensio Amor, nado en Sevilla o 15 de outubro de 1915 e finado en Madrid o 6 de maio de 2001, foi un xeólogo e investigador español.
Traxectoria Licenciouse e doutorouse en Farmacia, na rama de Sedimentoloxía, obtendo despois o doutoramento en Xeoloxía e tamén en Xeografía (respectivamente polas universidades Complutense de Madrid, de Estrasburgo e de Leiden). Foi investigador principal no Instituto Lucas Mallada, do CSIC, sendo asemade membro correspondente da Real Academia Española de Farmacia. Boa parte da súa vida tivo relación coa Universidade Complutense de Madrid (1944-1984), dende os seus estudos ata a dirección de teses mesmo despois da súa xubilación.
Foi distinguido coa Medalla Santiago Ramón y Cajal do CSIC.
Estivo sempre vinculado a Galicia, primeiro, a raíz da súa familia materna, e logo, co seu casamento coa ribadense Elena Nistal. Estudou diversos temas relacionados coa xeoloxía, en particular da rasa cantábrica, e a ría de Ribadeo. Os artigos sobre este espazo están dispoñibles na biblioteca pública de Ribadeo.
Notas
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Finados en 2001 Categoría:Xeólogos de España Categoría:Farmacéuticos de España Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia