Santiago de Fafián é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 77 habitantes (39 homes e 38 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Patrimonio Porta de Arcos, restos dunha vila romana escavada en 1972 polo Museo de Pontevedra.

Torre-tulla de Fafián, declarada Ben de Interese Cultural en 2025.

Igrexa parroquial de Santiago, de orixe románica, pero no século XIX derrubouse a cabeceira para construír a casa reitoral, e tan só conserva uns poucos elementos románicos.

Pazo de Trasulfe, edificado no século XVII polo conde de Montaos.

Lugares e parroquias Lugares de Fafián

Parroquias de Rodeiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rodeiro

Ligazóns externas Fafián na web do concello de Rodeiro

Categoría:Parroquias de Rodeiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior