Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.
Traxectoria Fillo de Antonio Machado Álvarez, naceu no seo dunha familia de tradición liberal, un ano despois que o seu irmán Manuel, tamén poeta. En 1883 trasladouse coa súa familia a Madrid, onde estudou na Institución Libre de Enseñanza, en 1889 pasou a estudar en institutos oficiais, a partir de 1885 coa morte do seu avó, catedrático de universidade, viuse obrigado a realizar diversos oficios. En 1899 viaxou co seu irmán Manuel a París e entrou en relación cos poetas simbolistas, Jean Moréas, Paul Fort e Paul Verlaine.
De volta a España traballou como autor teatral e obtivo o título de bacharelato. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista Electra e ao ano seguinte fixo unha nova viaxe a París, onde coñeceu a Rubén Darío. En 1903 publicou o seu primeiro libro, Soledades e seguiu a colaborar con diversas publicacións: Helios, Blanco y Negro, Alma Española. En 1907 publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: Soledades. Galerías. Otros poemas e aprobou as oposicións a profesor de francés con destino en Soria. O 30 de xullo de 1909 casou con Leonor Izquierdo.
En 1911 marchou cunha bolsa de estudos a París, pero ao lle ser diagnosticada tuberculose á súa dona volveu a España; ao ano seguinte apareceu Campos de Castilla e morreu a súa dona o 1 de agosto, tras o que Machado pediu o cambio de destino para Baeza. En 1915 comezou estudos de filosofía e letras na Universidade e apoiou os aliados na Primeira guerra mundial. En 1916 apareceu unha nova edición de Campos de Castilla con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre 1919 e 1931 foi profesor de francés en Segovia, alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En 1927 entrou na Real Academia Española e en 1931 trasladouse a vivir a Madrid. Activo defensor da República, logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a Valencia e en 1938 pasou a Barcelona. Coa desfeita da República Machado cruzou a fronteira francesa e morreu o 22 de febreiro de 1939 en Collioure.
Obra miniatura|300px|Páxina de título da primeira edición das Poesías completas de Machado, con autógrafo e foto do autor. Por data de publicación:
Poesía
1903 - Soledades: poesías 1907 - Soledades. Galerías. Otros poemas 1912 - Campos de Castilla 1917 - Páginas escogidas 1917 - Poesías completas 1917 - Poemas 1918 - Soledades y otras poesías 1919 - Soledades, galerías y otros poemas 1924 - Nuevas canciones 1928 - Poesías completas (1899-1925) 1933 - Poesías completas (1899-1930) 1933 - La tierra de Alvargonzález 1936 - Poesías completas 1937 - La guerra (1936-1937) 1937 - Madrid: baluarte de nuestra guerra de independencia 1938 - La tierra de Alvargonzález y Canciones del Alto Duero
Prosa
1936 - Juan de Mairena (sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo) 1957 - Los complementarios (publicada en Buenos Aires por Editorial Losada).Recompilación póstuma a cargo de Guillermo de Torre 1994 - Cartas a Pilar (edición de G. C. Depretis, en Madrid con Anaya-Mario Muchnik). 2004 - El fondo machadiano de Burgos. Los papeles de AM (Institución Fernán González, Burgos ).Edición de A. B. Ibáñez Pérez.
Teatro
(con Manuel Machado) 1926 - Desdichas de la fortuna o Julianillo Valcárcel 1927 - Juan de Mañara 1928 - Las adelfas 1930 - La Lola se va a los puertos 1930 - La prima Fernanda 1932 - La duquesa de Benamejí 1932 - Teatro completo, I, Madrid, Renacimiento. 1947 - El hombre que murió en la guerra (homenaxe en Buenos Aires)
(adaptacións de clásicos, en colaboración) 1924 - El condenado por desconfiado, de Tirso de Molina (con José López Hernández).Estreada o 2/1/1924 en el Teatro Español de Madrid, con Ricardo Calvo como protagonista principal. 1924 - Hernani, de Victor Hugo (con Francisco Villaespesa).Estreada o 1/1/1925 no Teatro Español de Madrid, pola compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza. 1926 - La niña de plata, de Lope de Vega (con José López Hernández).
Véxase tamén
Bibliografía
ISBN 978847339030-X.
ISBN 9788496556255.
ISBN 9788434581868. , Heliodoro (1989). Antonio Machado en su vivir, Soria. Jordi (coord.) (2006). Hoy es siempre todavía. Curso internacional sobre Antonio Machado, Sevilla. , Alberto (1992). Antonio Machado, Madrid. , Ricardo e , A. (1973). Antonio Machado, Madrid. , Rafael (1969). Poesía y prosa en Antonio Machado, Madrid. , Leopoldo de (1975). Antonio Machado, ejemplo y lección, Madrid. , Claudio (1989). Antonio Machado e Galicia, Ediciós do Castro, Sada. , Antonio (1967). Los poemas de Antonio Machado, Barcelona. , Manuel (1997). Antonio Machado, poeta del pueblo, Madrid. , José María (1975). Antonio Machado, Madrid. , Ramón de (1955). La poesía de Antonio Machado, Madrid.
Ligazóns externas Abel Martín. Revista de estudios sobre Antonio Machado
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Xeración do 98 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Alumnos da Institución Libre de Enseñanza Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Misiones Pedagógicas Categoría:Dramaturgos en lingua castelá Categoría:Poetas de Andalucía