O furón búlgaro (Vormela peregusna) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Características É máis pequeno có furón bravo. A principal diferenza é o pelame. Este combina as raias brancas e negras cos tons amarelos. Ademais a face é distintiva da especie. Aliméntase de roedores e moi esporadicamente de aves ou réptiles.

Distribución Presente no sueste de Europa, Asia Menor e Asia Central. É unha especie vulnerable xa que as estepas onde vive teñen sido transformadas en terras de agro.

Categoría:Mustélidos