San Fiz de Margaride é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 174 habitantes (90 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.
No lugar de Vilanova, atópanse o tanatorio de Silleda, o punto limpo municipal e a empresa Nudesa, cuxo edificio, debido á súa altura, se pode ver desde diversos puntos da xeografía silledense.
Historia e patrimonio Atravesada pola Vía da Prata e a apenas 40 km do Obradoiro, destaca no lugar de Costela a Casa Méndez, unha casa-torre do século XV, reconvertida en casa de turismo rural. Tamén neste lugar se atopa a casa e taller do pintor Manuel Colmeiro Guimarás, onde naceu a súa filla Elena Colmeiro González, unha galardoada ceramista.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Margaride
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Margaride na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fiz