O rico é unha galleta de tona exclusiva da repostaría de Melide.Los “ricos”, un dulce en extinción?, Paladar, 22 de agosto de 2006 . A festa gastronómica da festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide festéxase co rico como un dos produtos a degustar.

Ingredientes Cunha receita a base de fariña, azucre, manteiga, limón, anís e ovos, será despois cada reposteiro o que lle acabará dando o seu toque persoal con outros ingredientes, como a améndoa.

Orixes e tradicións Os ricos son os doces autóctonos de Melide. Orixinalmente feitos nos domicilios privados polo san Roque, en Melide cócese en dozarías tendo a principal diferenza na receita no engado ou non de améndoa sobre a manteiga.

Faise tamén en Portugal un doce amasado con fariña de millo, ovos e canela, empregando a máquina coa forma estrelada que se estende en voltas ou lazos, presenta a forma espiñada dos ricos, pero atópase un sabor diferente proveniente da masa de millo areosa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Melindre Amendoados Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide

Ligazóns externas Feira do Melindre e da Repostaría tradicional de Melide

Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Pratos de ovos