thumb| Chroicocephalus genei A gaivota de bico fino (Chroicocephalus genei) é unha ave da familia dos láridos.
Características Trátase dun lárido de pequeno ou medio tamaño, semellante a gaivota chorona. A súa lonxitude non adoita superar os 40 cm e a envergadura non acostuma exceder os 100 cm. O peteiro é negro avermellado e o iris branco. Os xuvenís presentan o peteiro e as patas cun ton amarelo. O corpo é branco coas excepcións das as agrisadas e a cola negra. O hábitat e costumes son moi similares ós da gaivota chorona, mais a súa poboación é moito máis reducida. A alimentación consiste en peixes, crustáceos e insectos. Que captura nadando ou voando, e empregando unha gran variedade de técnicas. Non adoita empregar con frecuencia os descartes dos pescadores e téñense documentado actos de cleptoparasitismo sobre carráns e outras especies.
Reprodución Aniña en deltas, marismas ou cursos fluviais. Aproveita zonas chás onde a vexetación herbácea se combina con lameiras, onde constrúe un refuxio onde emprazar o niño. Cría colonialmente, aceptando a presenza doutras gaivotas e aves limícolas. Tense sinalado que este feito poderia ser un mecánismo de defensa contra a predación dos niños por parte doutras gaivotas, córvidos ou de mamíferos terrestres. O niño constrúese con ramallos secos e plumas. Habitualmente as postas constan de dous ovos, sendo raros as postas de tres ou catro ovos. Unha das características máis salientábeis desta especie, e que os polos, unha vez fóra do ovo agrúpanse xuntos. Esta característica non é común ó resto de especies de gaivotas, mais si a outras aves tales coma os flamengos.
Distribución Distribúese por todo o Mediterráneo e en todos os seus mares conectados: coma o Mar Negro, o Mar Caspio ou o Golfo de Arabia. Cara ao norte chega ata a Siberia máis meridional, cara ao leste o seu límite sitúase na India occidental. Tamén está presente en puntos illados de Mauritania e o Senegal. Na área de distribución europea, concéntrase sobre todo en Rusia e Ucraína, ocupando puntos illados, e nunca mostrando poboacións moi grandes, na conca mediterránea. En España só se atopa nas costas catalás, valencianas e na conca do Guadalquivir. Mais só cría de maneira regular no Delta do Ebro e na conca do río Guadalquivir. Outros puntos onde a cría ten sido confirmada en certos anos son o Parque natural das salinas de Santa Pola, a Lagoa de la Mata, a Lagoa de Torrevieja e no Parque Natural da Albufera de Valencia. No 2007 estimouse en España unha poboación de 1.220 parellas reprodutoras. Dos cales a metade sitúase en Andalucía e o resto repartiríase entre Cataluña e Valencia.
Conservación A gaivota picofina presenta grandes oscilacións na súa poboación mundial de ano en ano. Porén debido ó tamaño da poboación total e o amplo rango xeográfico polo que se estende non está considerada en perigo pola UICN. A nivel europeo está catalogada dentro do Anexo I da Directiva 79/409/CEE relativa á conservación das aves silvestres e atópase dentro da categoría De Interese Especial. En España considérase unha especie vulnerable debido a varios motivos. Por un lado a súa reducida poboación e a súa alta dispersión dificultan a reprodución. Por outro lado tamén se ve afectada pola degradación dos seus hábitats pola contaminación, a súa sensibilidade ás perturbacións e a súa vulnerabilidade á competencia doutras especies. Todos estes motivos explican a dificultade que atopa a especie para crear novas colonias estábeis.
Notas
Bicofina