miniatura|As illas Svalbard foron consideradas terra nullis ata a sinatura do Tratado de Svalbard en 1920. Terra nullius (plural terrae nullius) é unha expresión latina proveniente do Dereito romano que significa "terra de ninguén" (do mesmo xeito que res nullius fai referencia a unha cousa que non é propiedade de ninguén). Utilízase no ámbito do dereito internacional para denominar un territorio que nunca foi sometido á soberanía dun Estado, ou sobre o cal un Estado renunciou, expresa ou implicitamente, á súa soberanía.Interpretación da expresión terra nullius pola ONU. Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas. Páxina 16. 2010. [En castelán] A soberanía sobre un territorio declarado terra nullius pode adquirirse por ocupación, aínda que nalgúns casos isto pode supoñer a violación dunha lei ou tratado internacional.Tribunal Supremo dos Estados Unidos. "New Jersey v. New York, 523 US 767 (1998). A pesar de que tratarse de terra nullius, como unha illa volcánica ou un territorio abandonado polo seu antigo soberano, un demandante con dereito ten que facer algo máis que chantar unha bandeira ou erguer un monumento. Desde o século XIX viuse que, como moito, a descuberta acompañada de actos simbólicos non supuxo máis que un "título imperfecto, unha opción", en comparación con outros estados, para consolidar os primeiros pasos ao proceder á ocupación efectiva nun tempo razoable. [En inglés]

O sentido actual de terra nullius deriva dunha bula de 1095 titulada Terra Nullius, emitida polo papa Urbano II, pola que se lles permitía aos estados cristiáns europeos reclamar a soberanía de territorios habitados por pobos non cristiáns. [En inglés] Esta concepto utilizouse posteriormente durante a época colonial para reclamar os territorios das colonias como espazos non ocupados e que, por tanto, o Estado conquistador podía ocupar legalmente. Nesa época tamén se utilizou o concepto no ámbito do Dereito privado, para privar os pobos indíxenas dos seus dereitos de propiedade sobre esas terras e permitir a repartición da propiedade entre os colonos.

Reclamacións históricas de terra nullius Australia. Ao longo da súa historia houbo reclamacións de terra nullius, maiormente a partir do século XIX por parte da colonización europea. Este principio foi invocado para xustificar a colonización de Australia por Gran Bretaña e as expropiacións de terras dos pobos aborixes. En 1992, o Tribunal Supremo de Australia invalidou con carácter retroactivo tal argumento e proclamou que Australia non fora nunca un caso de terra nullius.Veracini, L. Terra nullius and the "history wars". Unha análise da denegación de Michael Conner de terra nullius en Australia. [En inglés]Tribunal Supremo de Australia. Mabo and others vs. Queensland. Aborigines - Constitutional Law - Real Property. Nº 2. 1992. [En inglés]Tribunal Supremo de Australia. Wik Peoples vs. Queensland ("Pastoral Leases case"). 1996. [En inglés] Svalbard. Este arquipélago foi considerado terra nullius até que se lle recoñeceu internacionalmente a Noruega a súa soberanía no Tratado de Svalbard o 9 de febreiro de 1920. Anteriormente, Escocia, os Países Baixos e o Reino de Dinamarca e Noruega reivindicaran a súa soberanía e tiveran alí asentamentos non permanentes.Información sobre a historia e a actualidade de Svalbard . No sitio web do Instituto Polar Noruegués. [En inglés] Groenlandia. Noruega ocupou e reclamou na década de 1920 partes do leste de Groenlandia daquela deshabitadas, alegando que se trataba de terra nullius. O asunto foi resolto polo Tribunal Permanente de Xustiza Internacional contra os intereses de Noruega. Antártida. Desde a primeira metade do século XX varios países reclamaron partes do continente acolléndose ao principio de terra nullius. Atol de Scarborough. Tanto as Filipinas como a República Popular da China e a República da China (Taiwán) reclamaron este illote de arrecife próximo á illa de Luzón, no Mar da China Meridional. As Filipinas alegan os principios de terra nullius e de "zona económica exclusiva", entanto que os outros dous estados argumentan razóns históricas. Nova Zelandia. En 1840, o capitán William Hobson, seguindo instrucións do Goberno británico, declarou a Illa Sur de Nova Zelandia "deshabitada por xente civilizada". Isto cualificaba o territorio como terra nullius e, xa que logo, permitía a súa ocupación por parte de Gran Bretaña.  Canadá. Joseph Trutch, o primeiro gobernador da Columbia Británica, declarou que os pobos indíxenas coñecidos como Primeiras Nacións nunca posuíran territorios, co que podían ser ignorados ante a expansión europea. Por este motivo, a maior parte da Columbia Británica segue a ser aínda "territorio non cedido".Dr. Bruce Granville Miller. A Short Commentary on Land Claims in BC . Unión de Xefes Indios da Columbia Británica. Outubro de 2003. [En inglés] Illas de Guano. A Lei federal estadounidense de Illas de Guano (Guano Islands Act), do 18 de agosto de 1856, permitía tomar posesión das illas formadas por depósitos de guano, sempre que non estivesen habitadas nin baixo a soberanía doutros estados. A lei tamén facultaba á presidencia dos EUA para utilizar o exército na protección deses intereses. Illas Senkaku. Situado no Mar da China Oriental, é un arquipélago deshabitado reclamado polo Xapón como terra nullius en xaneiro de 1895, a partir da primeira guerra sino-xaponesa. Porén, esta interpretación non foi aceptada pola República Popular da China nin pola República da China (Taiwán), que tamén reclaman a súa soberanía. Burkina Faso e Níxer. Unha faixa estreita da terra ao longo da fronteira entre estes países permaneceu anos sen ser reclamada por ningún deles. En 2013, o Tribunal Internacional de Xustiza outorgoulle a Níxer esta antiga terra nullius, no marco da solución procurada a outras disputas territoriais de maior calado.Tribunal Internacional de Xustiza. Sentenza do 16 de abril de 2013 sobre o conflito fronteirizo entre Burkina Faso e Níxer [Efrancés e inglés] miniatura|Imaxe da Illa de Clipperton, que foi terra nullis antes de ser ocupada por Francia. Illa Clipperton. A soberanía desta illa en disputa entre Francia e México resolveuse por mediación do rei Vítor Manuel III de Italia. Este determinou en 1931 que a soberanía da illa lle correspondía a Francia "desde o 17 de novembro de 1858". O argumento principal de México foi rexeitado por non poder probar que fose descuberta por España. Ademais, México non a ocupara estabelmente antes de 1858, polo que se trataba de terra nullius cando Francia a ocupou e mantivo habitada con continuidade." Sealand. O Principado de Sealand existe de facto desde 1967 nunha torre de defensa antiaérea do Mar do Norte abandonada pola Royal Navy británica, fóra das súas augas territoriais. Paddy Roy Bates, quen se autonomeou príncipe, reclamou o espazo como terra nullis. Malia rexeitar esta reclamación con base en que a torre é unha estrutura artificial, o Goberno Británico nunca a intentou desaloxar, e determinouse en 1968 que a torre estaba fóra da xurisdición británica.Texto de sentenza: Regina v. Paddy Roy Bates and Michael Roy Bates, The Shire Hall, Chelmsford, 25 de outubro de 1968. [En inglés] Sáhara Occidental. Ante a comunicación da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 16 de outubro de 1975 o Tribunal Internacional de Xustiza matizou que non se pode considerar terra nullius un territorio habitado por tribos ou pobos que teñan unha organización social e política.

Terrae nullius recoñecidas na actualidade miniatura|Mapa simplificado que amosa a reclamación de Exipto (amarelo e verde), a do Sudán (azul e verde) e Bir Tawil (branco) Bir Tawil. Situado entre Exipto e Sudán, é un territorio de 2.060 km² resultado dunha discrepancia entre as fronteiras deseñadas en 1899 e en 1902. Unha fronteira colocou Bir Tawil baixo o control do Sudán e o Triángulo de Hala'ib baixo control exipcio, entanto que a outra fronteira o fixo ao revés. Ambos os países reclaman a fronteira que lles outorgaba o Triángulo de Hala'ib, significativamente máis grande e lindante ao Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil non é reclamado por ningunha das dúas nacións. A zona, que carece de poboación autóctona, está baixo o control de facto de Exipto, aínda que non figura nos seus mapas oficiais. Bir Tawil non ten unha poboación establecida, pero a terra é utilizada polos beduínos que percorren a zona. En xuño de 2014, Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considere un novo Estado soberano, o Reino do Sudán do Norte, e mesmo anunciou o estabelecemento de "embaixadas" polo mundo, aínda que ningún goberno recoñeceu este estado.

Territorios entre Croacia e Serbia. Como consecuencia da disputa fronteiriza entre estes estados, hai algunhas zonas na ribeira occidental do río Danubio non reclamadas por ningún dos dous. Serbia ten control de facto sobre zonas onde se superpoñen as reclamacións territoriais de ambas, mentres Croacia teno sobre os territorios que ningún dos dous reclama.Ministerio Croata de Asuntos Estranxeiros e Europeos. On Virtual Narratives at Croatia’s Borders . 17 de xullo de 2015. [En inglés] En 2015, o activista checo Vít Jedlička declarou unilateralmente a República Libre de Liberland, baseada en ideais libertarios, que reclama a zona máis grande en disputa na marxe occidental do Danubio.Squires, N. Welcome to Liberland, the tiny patch of woodland claiming to be the world's newest country. En The Telegraph. 30 de abril de 2015. [En inglés]Czech proclaims new sovereign state between Serbia and Croatia: Liberland . En InSerbia Network Foundation. 15 de abril de 2015. [En inglés]Pavlovic, F. Welcome to Liberland, Europe's newest (micro) state. En Euobserver. 4 de maio de 2015. [En inglés] Pouco despois, declaráronse tamén o Reino de Enclava e o Principado de Ongal, que reclaman certos territorios na zona.Makovec, J. Polish tourists proclaim "Kingdom of Enclava". En AFP. 15 de maio de 2015. [En inglés]Información sobre Enclava . Páxina web do Reino de Enclava. [En inglés] O Ministerio de Asuntos Estranxeiros e Europeos de Croacia rexeitou esta reclamación, expondo que as disputas fronteirizas entre Serbia e Croacia non implican terra nullius e non están suxeitas á ocupación por terceiros.On Virtual Narratives at Croatia’s Borders . Sitio web oficial do Ministerio de Asuntos Europeos e Estranxeiros da República de Croacia. xuño de 2015. [En inglés] Territorios entre Eslovenia e Croacia. Brezovica pri Metliki é unha aldea do sueste de Eslovenia, a uns 50 km de Zagreb, a capital de Croacia. Brezovica Žumberačka é unha localidade croata que está rodeada por dita aldea eslovena. Este enclave aparece formando parte dos mapas do catastro de ambos os Estados, malia diferir lixeiramentenos seus límites. Croacia ten un segundo exclave a 400 metros de Brezovica Žumberačka, rodeado por terreos que non se consideran seus e que tampouco reclaman nin Eslovenia nin Croacia.Jan S. Krogh's Geosite: Enclave/exclave of Brezovica. A croatian true Exclave in Slovenia. 6 de marzo de 2013. [En inglés] Xa que logo, estes terreos lindan formalmente con Eslovenia e con terra nullius. miniatura|250x250px|Reclamacións territoriais na Antártida. Amósase en branco a parte occidental non reclamada.