San Martiño de Fóra de Sobrán é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2025 tiña 1 904 habitantes (959 mulleres e 945 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 1 830 veciños, pero un descenso respecto a 2010, cando eran 1 973.

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Fóra de Sobrán

Existen algunhas diferenzas entre os lugares que recolle o Nomenclátor de Galicia e os que recolle o IGEConsultados o 13.03.2017. das que convén deixar constancia: O Nomenclátor separa os lugares de Roilois e da Santa Mariña, que o IGE considera unificados. O IGE recolle o lugar de Rial, con 170 habitantes en 2025, que o Nomenclátor non cita. O Nomenclátor inclúe nesta parroquia o lugar de Vilaxoán (e tamén o fai na parroquia de San Martiño de Sobrán), pero o IGE só o cita nesta segunda parroquia. O Nomenclátor recolle, como dúas entidades diferentes, o lugar de Santo Antonio e Combe, e mais o lugar de Combe, pero o IGE non cita este segundo.

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Parroquias de Vilagarcía de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño