O gaivotón hiperbóreo (Larus hyperboreus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características Ave grande con plumaxe branca. A cabeza mostra un raiado gris moi característica. Ollos e peteiro amarelos. Os xuvenís tardan catro anos en acadar o aspecto adulto. Cría só ou en pequenas colonias. O niño pódese situar en cantís, illas ou terreos abertos preto do mar. Aliméntase de peixes, ovos e polos. En inverno tamén de calaza.
Distribución e migracións Presente ó norte de círculo polar, dende Alasca, Canadá, Islandia, Groenlandia e toda Siberia. As migracións invernais levan a moitos exemplares ata Florida, golfo de México e Cuba. En Europa establécese nas Illas Británicas, en toda a costa do Mar do Norte e Escandinavia. A España chegan individuos illados case completamente localizados nas costas cantábricas.
En Galicia É unha invernante habitual, mais escasa. Normalmente atópanse individuos illados entre novembro e marzo. As citas danse nas costas da Coruña e de Pontevedra.
Notas
Categoría:Láridos