Manuel Álvarez Vicente, nado na Guarda o 24 de agosto de 1857 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1936, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria Emigrou a Porto Rico con catorce anos, onde completou a súa formación. Retornou a Galicia con vinte e nove anos, cunha boa posición económica e realizou importantes investimentos. Escribiu obras de teatro (¡Mientras haya flores!, La tertulia de Rolán, Siempre huérfana), colaborou en La Integridad, El Pueblo, Vida Gallega, Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo. Foi alcalde da Guarda na ditadura de Primo de Rivera,Galicia. Diario de Vigo, 31-1-1924, p. 2. membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante dos concellos da provincia de PontevedraFicha no Congreso dos Deputados e volveu ser alcalde na Segunda República, dimitindo en decembro de 1932.El Pueblo Gallego, 10-12-1932, p. 10. Foi socio fundador e presidente do Recreo Artístico Guardés e promotor da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla.

Obras miniatura|150px|Manuel Álvarez Vicente, 1909. O Tecla. Publicaciones del escritor y poeta Manuel Álvarez Vicente, 2002.

Recoñecementos

En 1982 dedicóuselle unha rúa na Guarda. Vida persoal

Casou con María Sánchez Montalvo, que finou en 1921Vida Gallega, 15-6-1921, p. 22, e foi pai de Manuel María de Jesús, Luís, Benigno, Margarita, José Benito, Nemesio e Rafael Álvarez Sánchez.Manuel Álvarez Vicente Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Presentación na Guarda do libro "O Tecla" de Manuel Álvarez Vicente

Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Xornalistas da Guarda Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1936