miniatura|Flor. miniatura|Fruto in situ.

A Annona muricata é unha árbore da familia Annonaceae, cultivada en moitos países tropicais polos seus froitos comestibles, coñecidos como guanábanasVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0.

Descrición É unha árbore sempre verde duns 10 m de altura. Ten a casca rugosa e follas, opostas, de pecíolo curto e limbo papiráceo obovado-oblongo a ovado-elíptico, duns 5–18 por 2–7 cm, de envés verdoso e glabro e de face verde e brillante. As inflorescencias, con só 1 ou 2 flores, son axilares, mais tamén poden estar implantadas en calquera parte do tronco ou das pólas. As flores, duns 4 cm de diámetro, son pediceladas e pubescentes. Os 3 sépalos, ovado-elípticos a ovado-triangulares, miden 3–5 mm. Os 6 pétalos son verdes e despois amarelados, os 3 exteriores grosos, amplamente triangulares, de 2,5–5 por 2–4 cm, co interior finamente pubescente e o ápice agudo a obtuso mentres os 3 internos son ovado-elípticos, de 2–4 por 1,5–3,5 cm, algo delgado, imbricados, pubescentes e con ápice obtuso. Os numerosos estames, de 4–5 mm, teñen os filamentos carnosos e o conectivo apical dilatado. Os abundantes carpelos, duns 5 mm, son pubescentes. O froito, chamado guanábana, é un sincarpo verde, ovoide, con frecuencia de forma oblicua ou curvada, de 10–35 por 7–15 cm, cuberta de espiñas suaves e polpa branca comestible. As sementes, unha por cada un dos froitos individuais agregados no sincarpo, son reniformes, de 2 por 1 cm e de color amarelo apardazado.Annona muricata en Flora of China

Distribución De procedencia incerta, as primeiras crónicas nomean esta especie en Porto Rico, as Antillas e a zona do Caribe en xeral. Con todo, moitos autores sitúan a orixe en Colombia, sendo este país o que posúe un maior número de variedadesDiaz Robledo. J. . (2004). Descubre los Frutales Tropicales. Madrid, Las Rozas: Norma Editorial.. Cultívase hoxe en día en torno ao Caribe, de México a Perú, zonas de África como Guinea Ecuatorial. Introducida e cultivada tamén en moitos países tropicais e subtropicais, incluída a China, Australia e a Polinesia. Actualmente estanse establecendo plantacións en zonas subtropicais de países coma España, sobre todo nas illas Canarias.

Propiedades medicinais Desde o ano 1999, circulan por Internet anuncios publicitarios que afirman, sen fundamento científico, que o té de guanábana cura o cancro. Non se realizaron probas in vivo que demostren que a guanábana —ou algún composto desta— sexa efectiva contra algún tipo de cancro en humanos.

Existen diversos estudos sobre a anonacina, o compuesto da guanábana que supostamente tería efectos anticanceríxenos, pero eses estudos foron realizados in vitro ou in vivo en animais, non existindo aínda ningún estudo clínico en humanos. Un motivo citado para a falta de estudos clínicos en humanos é o feito de que non se pode patentar unha planta, o que leva a certos laboratorios, que patrocinan os estudos, a concentrar as investigacións nos principios activos, acetoxeninas annonáceas, en vez da planta.

Por outra parte, un estudo in vitro realizado en conxunto pola Facultade de farmacia e bioquímica da Universidad Nacional Mayor de San Marcos e a Universidad Peruana Cayetano Heredia demostrou que un extracto etanólico das follas de Annona muricata ten un efecto citotóxico sobre os tipos C678 e H460 de cultivos de liñas celulares de adenocarcinoma gástrico e pulmonar.

Efecto das acetoxeninas das annonáceas nas células As acetoxeninas das anonáceas son substancias cerosas que resultan da combinación de ácidos graxos de cadea longa (C32 ó C34) cunha unidade de 2-propanol no carbono 2 para formar unha lactonaterminal (esta lactona fica ao inicio da cadea). Como outras acetoxeninas, a annonicina bloquea o complexo I, que é responsable de transformar NADH a NAD+, e crea a acumulación de protóns a través da membrana interna mitocondrial. Esta desactiva a habilidade dunha célula de xerar ATP mediante unha ruta oxidativa, obrigando finalmente a unha célula a apoptose ou necrose.

Nutrición A froita é unha fonte excepcional de vitamina C, e unha boa fonte de vitaminas B1, B2, B3, B5, B6, ferro, magnesio e potasio.

Riscos para a saúde miniatura|A annonacina é unha neurotoxina presente nas sementes da Annona muricata.

A annonacina, presente nas sementes da froita, é unha neurotoxina asociada a doenzas neurodexenerativas, Investigacións suxiren unha conexión entre o consumo de Annona muricata e formas atípicas da doenza de Parkinson debido ás altas concentracións de annonacina.

En 2010, a Axencia de seguridade alimentaria francesa concluíu que, a partir dos resultados dos estudos dispoñibles, "non é posible confirmar que os casos observados de síndrome de Parkinson atípica […] estean relacionados co consumo de Annona muricata", recalcando a necesidade de facer máis estudos sobre os posibles riscos para a saúde humana.

Taxonomía A Annona muricata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, P. 536–537, 1753.

Sinonimia Annona macrocarpa Wercklé Annona bonplandiana H.B.K. Annona cearensis Barb.Rodr. Guanabanus muricatus (L.) M. Gómezhttp://www.rain-tree.com/Graviola-Monograph.pdf Annona sericea Dunal in CorreiaM.P., (1984)Annona muricata en PlantList

Notas

Véxase tamén

Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama. Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123. Dodson, C. H. & A. H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628. Dodson, C. H., A. H. Gentry & F. M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Fries, R. E. 1938. Annonaceae, Flora of Peru. Publ. Field Mus. Nat. Hist., Bot. Ser. 13(2/3): 700–766. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Killeen, T. J. & T. S. Schulenberg. 1998. A biological assessment of Parque Nacional Noel Kempff Mercado, Bolivia. RAP Working Papers 10: 1–372. Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz. Outros artigos Annonaceae Chirimoia Annona squamosa Ligazóns externas Bridg, Hannia: Micropropagation and Determination of the in vitro Stability of Annona cherimola Mill. and Annona muricata L. Purdue University Descrición da Annona muricata, de Froitas de Climas Cálidos (1987, ISBN 0-9610184-1-0) Sorting Annona names Guanábana: nutrición Philippine Herbal Medicine: Annona muricata

Categoría:Annona Categoría:Froiteiras