San Xoán de Antas de Ulla é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 703 habitantes (360 mulleres e 343 homes), 50 máis ca en 1999. Ten oito núcleos de poboación. Toponimia

A parroquia era coñecida simplemente como Seoane de Antas ou Soane de Antas, pero en 1916 o concello pasou de chamarse Antas a Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (provincia de Almería). O topónimo Antas de Ulla ten dous elementos: Antas do nome común anta (dolmen ou menhir), e Ulla polo río Ulla, a partir da forma *.

Celebracións Celébrase unha feira o 10 de cada mes, que nos últimos anos volveu cobrar vitalidade e relevancia. As festas patronais celébranse o 24 de xuño na honra de San Xoán e tamén o 8 de setembro (Os Remedios). Logo están a Festa da Xuventude, a Festa dos Choferes (segundo domingo de xullo) ou o magosto.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Antas de Ulla

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Xoán o Bautista