O Estado de Pohnpei é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os outros estados son Kosrae, Yap e Chuuk. A illa principal do Estado é Pohnpei.
Historia Pohnpei, cando era un territorio do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, nun principio contiña Kosrae, que era un municipio da comarca.
Xeografía O estado de Pohnpei atópase no océano Pacífico. Atópase preto do extremo oriental das illas Carolinas e está a medio camiño entre Honolulu e Manila. A superficie do estado de Pohnpei ten unha superficie de 372 km², estando constituído por unha illa principal (Pohnpei) e 161 pequenas illas e atois. A súa altitude máxima, 791 m. atópase nun picacho remanente dun volcán.
As illas exteriores de Pohnpei son illas baixas, e inclúen Pingelap, Mokil, Ant, Pakin, Ngatik, Nukuoro, Oroluk e Kapingamarangi. Tamén se inclúe a gran parte mergullada do Arrecife Minto.
Coa excepción das chairas costeiras, taludes e abanos aluviais, a maior parte da illa de Pohnpei, unha Illa elevada, é montañosa, exuberante e verde. A súa selva é densa e rica; extensos pantanos de mangleiros se aliñan na costa. A illa é máis ou menos circular no seu contorno, os seus 130 km de circunferencia están rodeados por un arrecife de coral.
Municipios
Kapingamarangi Kitti Kolonia Madolenihmw Mokil Nett Ngatik Nukuoro Oroluk Pingelap Sokehs Uh
Referencias
Categoría:Micronesia Micronesia