Sepúlveda é un concello da provincia de Segovia, en Castela e León. Pertence á comarca de Villa y Tierra de Sepúlveda.

No seu termo atópase parte do Parque Natural das Hoces do Río Duratón.

Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 988 habitantes, repartidos en varios núcleos de poboación: Aldehuelas de Sepúlveda, Castrillo de Sepúlveda, Consuegra de Murera, Duratón, Hinojosas del Cerro, Perorrubio, Sepúlveda, Tanarro, Vellosillo, Villar de Sobrepeña e Villaseca; a maioría deles concellos independentes outrora.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Concellos da provincia de Segovia