Santa Mariña do Castro de Amarante é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (58 mulleres e 54 homes), 27 menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.

Toponimia

O topónimo Santa Mariña do Castro de Amarante ten tres elementos: Santa Mariña é un haxiónimo referido a Mariña de Antioquia; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo ), relacionado coa herba do amaranto.

Historia Santa Mariña chegou a ostentar a capitalidade do concello de Antas de Ulla.

Patrimonio Balneario de Frádegas. Pazo de Santa Mariña. Cruceiro de Frádegas.

Festas As Festas do Cristo, que se celebran o primeiro domingo de agosto, teñen sona en toda a comarca.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa Mariña do Castro de Amarante

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña