miniatura|Papa Pío I
Pío I, chamado logo san Pío, nado quizais en Aquileia e morto posiblemente en Roma en 154, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 142 e 154, e por conseguinte primeiro dunha longa lista de papas que recibiron ese nome.
Vida e pontificado O Fragmento de Muratori sinala que Pío I era irmán do Hermas que escribiu o tratado O pastor; polo tanto, se o que nese documento se conta é verídico, Pío I debeu nacer como escravo. Outras fontes din que quen foi escravo foi seu pai, pero que tanto el como seu irmán xa naceron como homes libres.
A Pascua, que xa se celebraba en domingo dende Telesforo, crese que foi colocada por Pío I o domingo despois da lúa chea de marzo. Autorizou o bautismo dos xudeus conversos ao cristianismo
Pío I seguiu facendo fronte ao gnosticismo e foi el quen decidiu a excomuñón de Marción e de Valentiño de Exipto.
Morte e santidade Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 11 de xullo.
Parroquias en Galicia Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a advocación de san Pío.
Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 154 Categoría:Nados en Italia