O Louge ( en occitano Loja) é un río do departamento do Alto Garona (Francia). É un afluente do Garona, pola beira esquerda.
Xeografía De 100 km. de longo, nace na meseta de Lannemezan, no concello de Villeneuve-Lécussan, uníndose ao Garona á altura de Muret.
Hidroloxía Durante a estiaxe o seu curso mantense por irrigación e para as necesidades de auga potable e de salubridade, por medio da canle de Saint-Martory.
O caudal medio interanual en Muret é de 6,14 m³/s, mentres que no período de augas altas (decembro a febreiro) vai de 7,76 m³/s ata 9,65 m³/s e na época de estiaxe a súa media é de 3,11 m³/s.
Categoría:Ríos de Francia