Petros Miriatean (en , "Petros Miriat’ean" (ISO 9985); en , "Butrus Marayati"), nado o 26 de febreiro de 1948 en Alepo (Siria), é un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Alepo dende 1989.

Traxectoria Naceu en Alepo, no territorio da arquidiocese homónima, o 26 de febreiro de 1948. O 4 de xullo de 1971 foi ordenado sacerdote diocesano.

O 21 de agosto de 1989 foi nomeado arcebispo de Alepo. Recibiu a consagración episcopal o 4 de febreiro de 1990 de mans do patriarca Xoán Pedro XVIII Gasparean.

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Bispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos de Siria