miniatura|Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de Elisabeth Jerichau-Baumann. Un irmán é unha persoa que con respecto a outra ten os mesmos pais, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dúas ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.
Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.
O termo é usado para definir aos membros dunha comunidade relixiosa, por exemplo moitas das ordes católicas, irmandade ou confraría.
Orixe do termo A palabra galega «irmán» (como o catalán germà, o portugués irmão ou o castelán hermano) orixínanse na palabra latina "germanus". Como «xerme», vén de geno ou gigno, que significa ‘carnal’ (no sentido de parente consanguíneo); tamén significa ‘verdadeiro’ e ‘exacto’. Frater germanus = ‘irmán carnal’.
Tipos de irmáns
Irmáns carnais miniatura|Gala e Aura Murguía de Castro. Os irmáns carnais son irmáns que comparten ambos os dous pais (biolóxicos ou adoptivos).
Medios irmáns Son os irmáns que comparten só un dos dous proxenitores (xa sexa biolóxica ou adoptivamente). Irmáns por parte de nai son os fillos dunha mesma nai que teñen diferente pai. En dereito emprégase o termo irmáns uterinos Irmáns por parte de pai son os fillos dun mesmo pai que teñen diferente nai. Ás veces utilízanse como sinónimo o termo irmáns consanguíneos
Irmáns de leite Irmán de leite é o «fillo dunha ama de cría respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (xaria) precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (rada'a) e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou mahram.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fraternidade
Categoría:Familia