Este artigo trata sobre un xénero de engráulidos. Para a semiconserva homónima, ver Anchoa.
miniatura|240px|Anchoa hepsetus. miniatura|240px|Anchoa mitchilli. Anchoa é un xénero de peixes da orde dos clupeiformes e familia dos engráulidos.Anchoa Jordan and Evermann, 1927 no SIIT.Anchoa Jordan & Evermann, 1927 no WoRMS.
Características e distribución As especies deste xénero son pequenos peixes prateados que miden entre os case 6 e os 24 cm, que se distribúen ao longo de ambas as Américas, sobre todo nos océanos Pacífico e Atlántico.
A máis pequena das especies é Anchoa belizensis (5,8 cm),Anchoa belizensis (Thomerson & Greenfield, 1975) en FishBase. e a máis grande, Anchoa spinifer (24,0 cm: comunmente 20 cm).Anchoa spinifer (Valenciennes, 1848) en FishBase.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1927 polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e Barton Warren Evermann.
Etimoloxía Probabelmente o nome do xénero procede do español anchoa., e este quizais proveña do catalán anxova, este do xenovés (zeneize) anciöa, e este do grego ἀφύη aphýē, "bocareu".anchoa no DRAE.
Especies Recoñecense as seguintes 35 especies:Especies do xénero Anchoa en FishBase.
Anchoa analis Anchoa argentivittata Anchoa belizensis Anchoa cayorum Anchoa chamensis Anchoa choerostoma Anchoa colonensis Anchoa compressa Anchoa cubana Anchoa curta Anchoa delicatissima Anchoa eigenmannia Anchoa exigua Anchoa filifera Anchoa helleri Anchoa hepsetus Anchoa ischana Anchoa januaria Anchoa lamprotaenia Anchoa lucida Anchoa lyolepis Anchoa marinii Anchoa mitchilli Anchoa mundeola Anchoa mundeoloides Anchoa nasus Anchoa panamensis Anchoa parva Anchoa pectoralis Anchoa scofieldi Anchoa spinifer Anchoa starksi Anchoa tricolor Anchoa trinitatis Anchoa walkeri
Notas
Véxase tamén Bibliografía Froese, R. & D. Pauly, Editors (2016): FishBase. World Wide Web electronic publication. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Nizinski, M. S. e Munroe, T. A. (1988): FAO species catalogue, volume 2: Clupeoid Fishes of the World, Engraulidae, pp. 764–780. Roma: FAO. FAO Fisheries Synopsis 125, ISBN 92-5-102340-9.
Outros artigos Clupeiformes Engráulidos
Ligazóns externas
Anchoa Jordan and Evermann 1927 en Fossilworks. Especies do xénero Anchoa en FishBase . Con imaxes de cada unha delas. Anchoa na EOL.
Categoría:Clupeiformes Categoría:Produtos da pesca