Dámaso I, 37º papa da Igrexa católica entre 366 e a súa morte, en 384. San Dámaso para os cristiáns. En menos de vinte anos dunha intensa actividade conseguiu restituír á Igrexa de Roma o seu prestixio e a súa preeminencia.

Tivo como secretarios a Santo Ambrosio e a San Xerome entre outros. A San Xerome encargoulle a redación dunha nova versión da Biblia, encargo que deu como resultado a coñecida como Vulgata, versión usada ata o século XX.

Vida Aínda que se descoñece o seu lugar exacto de nacemento, probablemente na zona de Gallaecia na Península Ibérica, parte do Imperio Romano de Occidente, creceu en Roma. En 341, coñeceu a Atanasio de Alexandría, nesa época exiliado en Roma, do que se fai seguidor e amigo, simpatizando en causas comúns.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de San Dámaso I no Santoral Católico de www.divinavoluntad.net

Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 384