miniatura|Logo baixo a imaxe corporativa de Transport for London O Tramlink e un sistema de tranvía ou tren-tram lixeiro que serve o distrito municipal de Croydon e a súa contorna no sur do Gran Londres, Inglaterra. Entrou en funcionamento en maio de 2000 baixo a denominación de Croydon Tramlink, converténdose no primeiro servizo de tranvía en Londres desde a súa supresión en 1959. Está xestionado por London Trams, unha subsidiaria de Transport for London (TfL), e opera baixo o sistema de concesión pola empresa FirstGroup.

A rede consiste en 39 paradas repartidas ao longo de 28 km (17 mi) de vías, con tramos de plataforma compartida co tráfico de vehículos particulares polas rúas e vías públicas, novos tramos de uso exclusivo por antigas plataformas ferroviarias e tramos compartidos con outros servizos ferroviarios que circulan polos camiños de ferro baixo a xestión da Network Rail.

Esta rede consta catro liñas que conflúen no centro de Croydon, con estacións termo en Beckenham Junction, Elmers End e New Addington polo leste, e unha estación termo en Wimbledon polo oeste, onde hai un intercambio para metro.miniatura|Tranvía 2530 coa librea orixinal abandona Croydon nun servizo a Elmers End en 2004 Adquisición por parte de Transport for London En marzo de 2008, TfL anunciou que acadara un acordo para comprar TCL por 98 millóns de libras esterlinas. A compra culminou o 28 de xuño de 2008.

En outubro de 2008 TfL presentou unha nova librea, empregando o azul, branco e verde nas rutas dos mapas de TfL, para distinguir os tranvías dos buses que operan nese área. A cor vermella dos coches foi repintada de verde, e a marca de Croydon Tramlink mudou pola de Tramlink. Esta serie de cambios foi completada a comezos de 2009.

Sistema actual

Paradas centro|miniatura|600x600px|Mapa de liñas e paradas As paradas de tranvía teñen plataformas baixas, 35 cm (14 in) por riba de nivel dos carrís. Carecen de persoal e teñen máquinas automáticas dispensadoras de billetes. O acceso ás plataformas, nos máis dos casos, implica cruzar as pistas mediante pasos de peón habilitados nas rúas. Existen 39 paradas, a maioría cuns 32,2 metros de longo e sen chanzos de acceso a portas cunha largura mínima de 2 metros, o que facilita o acceso a persoas con mobilidade reducida. miniatura|Un tranvía deixa Croydon cara Wimbledon, ao pasar por Reeves Corner en 2009. miniatura|Tranvía 2558 da ruta 1 en Croydon Leste, 2013. Ruta 1 (lima)

Ruta 1 Terminus: Elmers End Arena Woodside Blackhorse Lane Addiscombe Sandilands Lebanon Road Croydon Leste Trens a Gatwick e Luton ligazón=List of airports|alt=Airport interchange|13x13px George Street Church Street Centrale Croydon Oeste ligazón=London Overground|alt=London Overground|10x10px Wellesley Road Logo de Croydon Leste cara atrás como Ruta 2 a Beckenham Junction  Ruta 2 (lima)

Ruta 2 Terminus: Beckenham Junction Beckenham Road Avenue Road Birkbeck Harrington Road Arena Woodside Blackhorse Lane Addiscombe Sandilands Lebanon Road Do Croydon Leste Trens a Gatwick e Luton ligazón=List of airports|alt=Airport interchange|13x13px George Street Church Street Centrale Croydon Oeste ligazón=London Overground|alt=London Overground|10x10px Wellesley Road Logo de Croydon Leste cara atrás como Ruta 1 a Elmers End Ruta 3 (verde)

Ruta 3 Terminus: New Addington King's Henry Drive Fieldway Addington Village Gravel Hill Coombe Lane Lloyd Park Sandilands Lebanon Road Croydon Leste Trens a Gatwick e Luton ligazón=List of airports|alt=Airport interchange|13x13px George Street Church Street Wandle Park Waddon Marsh (parque de medianas superficies Purley Way) Ampere Way (parque de medianas superficies de Valley Park) Therapia Lane Beddington Lane Mitcham Junction Mitcham Belgrave Walk Phipps Bridge Morden Road Merton Park Dundonald Road Wimbledon ligazón=London Underground|alt=London Underground|10x10px Logo volta a Wandle Park Reeves Corner Centrale Croydon Oesteligazón=London Overground|alt=London Overground|10x10px Wellesley Road Logo cara Croydon Leste e volta a New Addington  Ruta 4 (verde botella)

Ruta 4 Terminus: Elmers End Arena Woodside Blackhorse Lane Addiscombe Sandilands lebanon Road Croydon Leste Trens a Gatwick e Luton ligazón=List of airports|alt=Airport interchange|13x13px George Street Church Street Wandle Park Waddon Marsh (parque de medianas superficies Purley Way) Ampere Way (parque de medianas superficies de Valley Park) Therapia Lane Beddington Lane Mitcham Junction Mitcham Belgrave Walk Phipps Bridge Morden Road Merton Parque Dundonald Road Wimbledon ligazón=London Underground|alt=London Underground|10x10px Logo volta a Wandle Parque Reeves Corner Centrale Croydon Oeste ligazón=London Overground|alt=London Overground|10x10px Wellesley Road Logo cara Croydon Leste e volta a Elmers End

Billetes e tarifas miniatura|Unha máquina de billetes do Tramlink Os Pases de Bus da TfL son válidos para Tramlink, tamén as Travelcards (abonos) que inclúen algunha das zonas 3, 4, 5 ou 6.

As tarifas en efectivo e de prepago coa Oyster Card son as mesmas que para os Buses de Londres, porén existen tarifas distintas para buses especiais lanzadeira que conectan o tranvía con outros barrios máis afastados.

Material rodante  Clase Imaxe Velocidade máxima  unidades  data de fabricación  Notas  mph  km/h CR4000100x100px5080241998–2000Variobahn100x100px50806 2011–201242014–2016 centro|450x450px|Esquema dun Tramlink Flexity Swift tranvía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transport for London London Underground (Metro de Londres) London Overground Docklands Light Railway TfL Rail

Ligazóns externas Transport for London: Trams

Categoría:Tranvía Categoría:Transporte no Reino Unido Categoría:Londres