Amazona brasiliensis é unha especie de papagaio da familia Psittacidae. É un animal endémico das rexións costeiras do sueste dos estados brasileiros de São Paulo e Paraná. Esta ave está ameazada pola perda de hábitat e a captura para o mercado de paxaros silvestres, polo que é un símbolo dos esforzos de conservación dos ecosistemas máis diversos da Terra. Está considerada unha especie vulnerable pola BirdLife International e a IUCN. En 1991-92, a súa poboación caeu por debaixo dos 2 000 exemplares. Grazas ós esforzos de conservación, as estimacións máis recentes suxiren unha poboación de 6 600, o cal sinala que a especie se está a recuperar. Un estudo recente sinala que a poboación é estable no estado do Paraná, no sur do Brasil.
Notas
Categoría:Psitaciformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves do Brasil Categoría:Fauna endémica do Brasil