Alex Txikon, nado en Lemoa (Biscaia) o 12 de decembro de 1981, é un alpinista vasco.

Traxectoria Ascendeu con éxito dez dos catorce oitomiles. No ano 2016 acompañado por Simone Moro e Ali Sadpara completou a primeira ascensión invernal ó Nanga Parbat.

Ascensións de oitomiles: 2017: Intenta sen éxito unha invernal sen oxíxeno ó Everest. 2016: Nanga Parbat (Primeira invernal) 2013: Lhotse 2011: Gasherbrum I e Gasherbrum II enlazando os dous cumios e emulando a xesta de Reinhold Messner en 1984, rexistrada por Werner Herzog no seu documental Gasherbrum Der Leuchtende Berg ("Gasherbrum a Montaña Luminosa"). A ascensión de Txikon tamén quedou rexistrada no documental Aizkora hotsak goi mendietan. 2010: Annapuna e Shisha Pangma 2009: Shisha Pangma e Kangchenjunga 2008: Dhaulagiri e Manaslu 2007: Shisha Pangma 2004: Cho Oiu e Makalu 2003: Broad Peak

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Lemoa Categoría:Alpinistas de España