dereita|miniatura|Representación de Peire Vidal (o seu nome está escrito enriba) nun cancioneiro do século XIII; Biblioteca nacional de Francia ms. 12473 fol. 27; cancioneiro K. Peire Vidal, nado a finais do século XII e finado a comezos do XII, foi un trobador occitano. Fillo dun peleteiro, foi protexido do conde Raimundo V de Tolosa e máis tarde de Barral de Marsella e tamén de Afonso II de Aragón. Viaxou por Palestina, Italia, Europa central e Malta. Foi conselleiro dos grandes personaxes do seu tempo porque posuída unha personalidade poética inconfundíbel e orixinal, chea de enseño e de augudeza. Presumía de ser o mellor dos cabaleiros e o máis namorado, mais na súa poesía tamén amosaba nostalxia pola ausencia do seu país. Considérase un dos máximos representantes do trobar leu.

É citado por Uc de Lescura no sirventés De mots ricos no tem Peire Vidal en que, xustamente no verso inicial, caracteriza a poesía de Peire Vidal polos mots rics 'palabras orgullosas, altivas'.

Obra Consérvase 50 poemas seus, doce dos cales con música.

Bibliografía

Ligazóns externas Obras completas de Peire Vidal.

Categoría:Lírica provenzal