Sergio Gil Latorre, nado o 10 de maio de 1996 en Zaragoza (Aragón), é un futbolista profesional español da canteira do Real Zaragoza, que xoga como centrocampista no Extremadura UD da Segunda División.
Traxectoria Nado en Zaragoza, Aragón, Gil formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade natal, o Real Zaragoza. Tras progresar na canteira do club maño, asina un contrato co primeiro equipo o 7 de agosto de 2013, debutando co filial, o Real Zaragoza B, na Segunda División B. O 14 de marzo de 2015 xoga o seu primeiro partido como profesional no primeiro equipo, saíndo como en substitución de Ruiz de Galarreta no empate 0–0 ante o CD Lugo na Romareda. Para a temporada 2016−17, o seu bo rendemento chama a atención de equipo como o Olympique de Marsella, o AS Mónaco ou o Villarreal CF. Con todo, problemas co seu contrato complican a súa situación. Finalmente, o xogador é traspasado ao Club Deportivo Lugo o 31 de agosto de 2016, asinando co club galego un contrato por tres temporadas.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesReal Zaragoza BSegunda B2014–2015191Real ZaragozaSegunda2014–201530Real ZaragozaSegunda2015–2016170LugoSegunda2016–2017300LugoSegunda2017–2018100LugoSegunda2018–2019220
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Soccer Way
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Extremadura UD