I Dream of Jeannie é unha serie de televisión estadounidense de fantasía e comedia. Está protagonizada por Barbara Eden, que interpreta a un xenio de 2 000 anos de idade, e por Larry Hagman que interpreta a un astronauta que se converte no seu mestre. Ela cae namorada del e posteriormente casan. Producido por Screen Gems, a serie foi estreada orixinalmente dende o 18 de setembro de 1965 até 26 de maio de 1970 a través da NBC. O programa tivo cinco tempadas e un total de 139 episodios producidos. A primeira tempada componse de 30 episodios rodados en branco e negro.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1965 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1970 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América