Sisinio, descoñécese a data de nacemento pero finou o 4 de febreiro 708, sendo enterrado na basílica de San Pedro de Roma, foi o papa número 87 da Igrexa católica, durante aproximadamente tres semanas en 708.

Traxectoria Sirio de nacemento, foi consagrado papa cara ao 15 de xaneiro de 708, sucedendo no cargo a Xoán VII.

No momento do nomeamento estaba xa tan enfermo de gota que non podía alimentarse por el mesmo, a pesar de todo dise que tiña un carácter forte e que se preocupou polo goberno da cidade. Iniciou a recadación de fondos para restaurar as murallas de Roma a causa da ameaza constante dos Longobardos. O seu único acto eclesiástico documentado foi a consagración dun bispo para Córsega.

Véxase tamén Ligazóns externas Enciclopedia Católica Online

Categoría:Papas Categoría:Finados en 708