Johann Peter Beaulieu de Marconnay, coñecido ás veces como Johann Peter de Beaulieu, ou coa súa forma francesa Jean Pierre de Beaulieu, nado o 26 de outubro de 1725 en Lathuy, Jodoigne, Países Baixos austríacos,Smith, Digby & Kudrna. (hoxe no Brabante Valón, Bélxica, e finado o 22 de decembro de 1819 en Linz, Alta Austria, foi un xeneral austríaco da época napoleónica.
Combateu co exército do Sacro Imperio Romano Xermánico contra Prusia na Guerra dos Sete Anos, derrotando aos rebeldes do Ducado de Brabante, e foi ascendido a xeneral.
Enfrontouse ao mozo xeneral Napoleón Bonaparte na Campaña de Italia (1796-1797), durante a cal foi o comandante supremo das tropas austríacas na península. Repetidamente derrotado, despois da batalla de Borghetto o emperador Francisco II substituíu a Beaulieu por Dagobert Sigmund von Wurmser. En 1794, converteuse en propietario dun rexemento de Valóns.
O rexemento de infantaría Beaulieu nº 58 serviu no teatro de operacións do Danubio durante a Guerra da Terceira Coalición,Boycott-Brown, pp. 360-361. e tamén na da Qinta Coalición.Bowden & Tarbox, p. 69. Beaulieu retirouse despois da campaña de 1796.
Retirado da vida pública, Beaulieu faleceu en Linz o 22 de decembro de 1819.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bowden, Scotty & Tarbox, Charlie (1980): Armies on the Danube 1809. Arlington, Texas: Empire Games Press. Boycott-Brown, Martin (2001): The Road to Rivoli. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-304-35305-1. Chandler, David G. (1998): Le Campagne di Napoleone. Milán: R.C.S. Libri S.p.A. ISBN 88-17-11577-0. David Chandler, David (1979): Dictionary of the Napoleonic Wars. Nova York: Macmillan. ISBN 0-02-523670-9. Smith, Digby (1998): The Napoleonic Wars Data Book. Londres: Greenhill. ISBN 1-85367-276-9. Smith, Digby & Kudrna, Leopold (compiladores): Beaulieu, en napoleon-series.org Austrian Generals of 1792-1815: Beaulieu en Napoleon-Series.org Austrian Generals of 1792-1815.
Outros artigos Guerras Napoleónicas
Ligazóns externas Smith, Digby & Kudrna, Leopold (compiladores): Beaulieu, en napoleon-series.org Austrian Generals of 1792-1815: Beaulieu en Napoleon-Series.org Austrian Generals of 1792-1815.
Categoría:Guerras Napoleónicas Categoría:Nados en 1725 Categoría:Finados en 1819