Daniel Georg Ek, nado en Estocolmo o 21 de febreiro de 1983, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, coñecido por ser o cofundador de Spotify.

Traxectoria Ek medrou no distrito de Rågsved na capital sueca, e xa na súa mocidade creou webs para empresas e servizos de almacenamento web Pasou pol IT-Gymnasiet de Sundbyberg en 2002 e estudou dous meses enxeñería no Real Instituto de Tecnoloxía antes de deixar a carreira e dedicarse á tecnoloxía da información. Traballou en varias empresas web como Tradera, Jajja Communications AB, Stardoll e µTorrent e creou a súa propia compañía Advertigo, dedicada á publicidade web e que vendeu a TradeDoubler en 2006 por varios millóns.

Spotify Inspirándose en Napster, servizo de intercambio de arquivos de música, empezou a pensar nunha posible nova solución para a reprodución de música en streaming que fose plenamente legal. Xunto co presidente de TradeDouble, Martin Lorentzon comezou en 2006 a desenvolver un novo sistema que recibiu o nome de Spotify. Xa desde o comezo a idea era contar coas grandes discográficas, e logo de longas negociacións o servizo púxose en marcha en Suecia e mais nalgúns países de Europa en 2008, ampliándose para Norteamérica en 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conta oficial en Twitter Daniel Ek en Crunchbase Entrevista a Daniel Ek en Bloomberg

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Nados en Estocolmo