Santa María de Fóra de Baiona é unha parroquia civil do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña, Baredo e Santa María de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 2.001 habitantes (1.009 homes e 992 mulleres).

Xeografía Está constituída por 5 lugares: A Anunciada, Cova Terreña, O Loureiral, A Percibilleira e Santo Antón.

Igrexa Esta parroquia, eclesiasticamente, está incluída dentro da parroquia de Santa María de Baiona; polo que non posúe igrexa.

Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Fóra de Baiona

Parroquias de Baiona

Notas

Categoría:Parroquias de Baiona Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas