Aaron Geramipoor, nado o 11 de setembro de 1992 en Manchester (Inglaterra), é un xogador profesional de baloncesto británico, no que se desenvolve na posición de pivote cunha altura de 2,13 metros. É internacional coas categorías inferiores do Reino Unido.
Traxectoria Geramipoor naceu en Manchester (Reino Unido), cidade na que deu os seus primeiros pasos no mundo do baloncesto. Con 16 anos, mentres participaba nun torneo chama a atención da Canarias Basketball Academy, os cales comezan a seguir a súa traxectoria. Pouco tempo despois, a academia oferecélle unha bolsa para a temporada 2009−2010. Ao ano seguinte viaxa aos Estados Unidos, onde pasa a formar parte do equipo da Universidade de Seton Hall.
No ano 2014, tras acabar a súa formación, regresa a España formando parte do CB Robari-Canarias Basketball Academy da Liga LEB Prata. Alí, tras facer unhas destacábeis medias de 14,1 puntos e 8,5 rebotes por partido, asina en xaneiro co Club Ourense Baloncesto da Liga LEB. Co equipo galego consegue o ascenso á Liga ACB. A súa destacada actuación chama a atención do CB Gran Canaria da ACB, que conta con el a proba. Porén, finalmente o xogador inglés decide xogar no Soles de Mexicali de México, equipo co que acaba en primeira posición da Liga regular, aínda que acabaría perdendo na final do Playoff polo título. Na competición norteamericana aporta 8,7 puntos e 4,9 rebotes por partido, chegar ser nomeado MVP da xornada. En 2016 ficha polo Club Baloncesto Breogán, con todo deixa o equipo o 20 de febreiro de 2017.
Clubs 20px|border|NCAA Seton Hall Pirates (NCAA, 2010−2014) 20px|border|LEB Prata CB Robari (LEB Prata, 2014−2015) 20px|border|LEB Ourense (LEB, 2015) 20px|border|LNBP Soles de Mexicali (LNBP, 2015−2016) 20px|border|LEB Breogán (LEB, 2016−2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FEB.es
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Manchester Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán