A Riddarholmskyrkan (en galego Igrexa de Riddarholmen) é a igrexa que serve de panteón dos reis de Suecia.
A igrexa está situada na illa de Riddarholmen, próxima ao Palacio Real de Estocolmo,Miranda, Ulrika Junker & Anne Hallberg (2007): Riddarholmskyrkan. Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. ISBN 91-0-011462-6, p. 813. no corazón da cidade vella (Gamla stan). Nela está a nécropole do soberanos suecos polo que o santuario alberga as tumbas de moitos reis, raíñas, príncipes e princesas de Suecia desde o século XVII até o XX.
Desde 1922, a familia real sueca elixiu outro lugar para as inhumacións: o cemiterio real de Haga.
Historia Esta igrexa é un dos edificios máis antigos de Estocolmo; partes del construíronse no século XIII, cando foi edificado como mosteiro franciscano. A primeira pedra desta grande igrexa colocouse en 1270, baixo o reinado do rei Magnus Ladulås (que está enterrado nela). Foron necesarios 15 anos para rematar a construción da abadía, que abarca a maior parte da illa de Gråmunkeholmen (o antigo nome da illa de Riddarholmen). A abadía seguiu sendo próspera até que as ideas da reforma chegaron ao país: en 1527 os monxes víronse obrigados a abandonar o seu mosteiro. Pouco despois, a igrexa converteuse nun templo luterano,in "Stockholm", guides Hachette, pp. 56-57. e actualmente utilízase soamente para funerais e en cerimonias especiais.
No século XVI engadíuselle unha agulla, acaroada ao edificio, deseñada polo escultor e arquitecto flamengo Guillaume Boyen, durante o reinado de Xoán III; pero queimouse pola acción dun raio durante unha tormenta o 28 de xullo de 1835, sendo substituída por unha nova.
A maior parte dos monarcas suecos desde Gustavo II Adolfo a Gustavo V encóntranse enterrados aquí, ademais de monarcas anteriores, como Magnus Ladulås e Carlos VIII Knutsson. Faltan uns poucos, como a raíña Cristina, convertida ao catolicismo e soterrada na Basílica de San Pedro da Cidade do Vaticano.
A maior parte da igrexa é de estilo gótico e foi edificada en ladrillo vermello; así e todo, varias das capelas funerarias, que sobresaen notabelmente do corpo do edificio, foron realizadas noutros estilos arquitectónicos e materiais como o mármore de Carrara.
Aínda que a igrexa conserva a maioría das súas disposicións orixinais (nave única de ladrillo típica da arquitectura escandinava medieval), varias capelas foron engadidas máis adiante. A máis recente foi construída en 1858 polos gobernantes da casa de Bernadotte. En particular, alberga o sarcófago en pórfiro do fundador da dinastía, Jean-Baptiste Bernadotte, que se converteu en rei baixo o nome de Carlos XIV; as pedras tiveron que ser transportadas por zorras tiradas por cans desde o taller onde se traballaron, non lonxe da cidade de Älvdalen, no norte do país.The Bernadotte Chapel na páxina web da Casa Real sueca .
A igrexa é tamén a sede cerimonial da Orde dos Serafíns (Kungliga Serafimerorden), a principal distinción honorífica de Suecia, institución creada polo rei Federico I en 1748.The Riddarholmen Church na web da Casa Real sueca .
Galería de imaxes
Necrópole real Na necrópole real repousan os restos mortais de varios membros da familia real sueca, incluíndo 17 soberanos reinantes. As súas tumbas están instaladas no coro da igrexa e en tres capelas principais: as de Gustavo Adolfo, Carolina e Bernadotte.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Elias Brenner
Ligazóns externas The Riddarholmen Church na web da Casa Real sueca .
Categoría:Arquitectura de Suecia Categoría:Tumbas reais