Corte (en francés, Corte; en corso, Corti), é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento da Alta Córsega e na rexión de Córsega.
Os seus habitantes chámanse, en francés, cortenais, e en corso, curtinesi.
Xeografía A cidade encóntrase no centro da illa, na confluencia dos ríos Restonica e Tavignano, a 70 km de Bastia e 85 km de Ajaccio. Ten unha estación na liña férrea Bastia-Ajaccio, e é un importante nó de estradas. O val do Tavignano comunícaa coa chaira costeira occidental.
Demografía
Ademais da poboación censada, a Universidade de Córsega acolle a 3.800 estudantes.
A aglomeración de Corte limítase ao seu municipio. Este forma parte da Communauté de communes du Centre Corse (Mancomunidade de municipios do Centro de Córsega), que integra a outras sete poboacións, agrupando un total de 8.319 habitantes (censo de 1999).
Administración e política
No referendo sobre a Constitución Europea gañou o non cun 52,03 % dos votos.
Algúns resultados electorais recentes (segundas voltas do sistema francés adaptado a Córsega)
Eleccións rexionais 28 de maio de 2004 Tres listasde esquerda Lista dos socialistas,comunistas e outros Rexionalistas Dúas listas dadereita tradicional 43,4 % 4,6 % 13,1 % 38,9 %
Os grupos que conforman o Consello Municipal son: Pour l’avenir de Corte ville Universitaire (21 electos) Ensemble pour Corte/ Inseme per Corti (4 electos) Servir Corte et l’Université (4 electos).
Economía Segundo o censo de 1999, a distribución da poboación activa por sectores era:
Poboación activa por sectores agricultura industria construción servizos 3,5 % 7,9 % 6,8 % 81,8 %
Historia Foi capital da Córsega independente, así como residencia de Pasquale Paoli, pai da patria corsa.
Entre 1761 e 1769 foi sede do gobernador da illa.
A súa universidade, fundada en 1765, foi un centro de difusión da Ilustración.
Xosé Bonaparte, que sería rei de España, naceu en Corte en 1768.
Lugares e monumentos Universidade de Córsega Citadelle Museo de Córsega Igrexa da Anunciación Palazzu Naziunale Casa do Concello Estatua de Pasquale Paoli
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Corte no INSEE (estatística francesa) Web da Comuna Web da Universidade de Córsega en Corte
Categoría:Concellos do departamento da Alta Córsega