Estevo VIII (IX), datos de nacemento descoñecidos, faleceu en outubro de 942, foi o papa nº 127 da Igrexa católica dende o ano 939 ata 942. Traxectoria Nalgunhas cronoloxías e listas este papa aparece como Estevo IX, a diferenza débese a que algúns autores toman en conta a elección de Estevo, papa electo, que só reinou tres días, do 23 ao 26 de marzo de 752, trala morte do papa Zacarías.

Foi elixido papa, do mesmo xeito que o seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano Alberico II quen, do mesmo xeito que a súa nai Marozia, someteu durante décadas aos papas elixidos baixo o seu mandato.

Durante o seu pontificado, en 940, interveu no enfrontamento que en Francia tiña lugar entre o conde Hugo de París e o rei Lois IV de Ultramar, póndose ao lado deste e ameazando con excomungar aos franceses e borgoñóns que non lle prestasen obediencia.

Segundo certas fontes pouco fiábeis sería obxecto dunha conspiración, no curso da cal lle cortaron o nariz.

Faleceu en outubro de 942.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 942