O quinto evanxeo de Gaspar Hauser é o filme co que debutou o director galego Alberto Gracia no ano 2013. Producido por Zeitun Films, a longametraxe gañou o Premio FIPRESCI do International Film Festival Rotterdam de 2013. O director toma como referente a figura de Kaspar Hauser e desenvolve unha reflexión de carácter experimental sobre a relixión.
Sinopse Gaspar Hauser componse de cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha doncela sedutora, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético (este último interpretado polo propio director).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas
Páxina do filme en SensaCine Páxina do filme en FilmAffinity
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de Zeitun Films