Juan José Merlo Lorenzo, nado en Vigo en 1972, é un político galego de En Marea.

Traxectoria Vigo, 1972. Formouse como enxeñeiro industrial e abandonou os seus estudos para incorporarse ao mercado laboral. Desenvolveu a súa actividade laboral primeiro en empresas como Hitachi e no corpo de mandos dunha coñecida cadea de grandes almacéns e posteriormente á fronte dunha empresa de enxeñería e enerxías renovables. Participou activamente en diferentes plataformas do 15M. Entrou na vida política da man de Podemos, onde foi secretario de Organización de Podemos Galicia desde 2016 ata 2018. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea pola provincia de Pontevedra. En abril de 2018 dimitiu por responsabilidade ao non esixir a corrección do seu curriculum publicado no Parlamento, onde na redacción do mesmo dicíase que era enxeñeiro, cuestión que daba a supoñer unha titulación que este nunca se había atribuído.Dimite o deputado de En Marea Juan Merlo por incluír no seu currículo que era enxeñeiro sen selo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes